Categoría: encontros
Enviado: 09.09.2010 23:18
Cando chegamos o pasado venres pola tarde ao peirao de
Curuxeiras e despois de deixar a “Bandalha” e a “Zenaida” enfiladas na rampla, o primeiro que albiscamos foi a gamela coruxeira “ Lui”.
Chalanas e bote "Pulpeiro" na MostraEra a primeira das embarcacións da mostra en seco das distintas "tipoloxías galegas” varadas ao longo do peirao.
A partir dela,
botes de Ferrol, de
Ribadeo,
bucetas,
chalanas, a
dorna de tope, a
gamela da Garda, o
bote de Carril, o
bote polbeiro de Bueu,
traíñas e por suposto as
dornas de Arousa foron ocupando o seu lugar deixándose aparellar polas mans expertas de
Bedoya,
Arturo,
María Jesús e demais compañeir@s do
Clube de Vela de FERROL, sección tradicional.
A buceta "Punta Fiateira"Despois dos saúdos e de axudarlles un pouco coa colocación dos barcos chegamos á carpa da
Federación coa intención de montala, pois alí tería lugar, o sábado pola mañá, unha
mostra de redeiras e a presentación do
Proxecto DORNA.
Levounos tempo decidir a mellor ubicación do aparello de rede, pero sobre todo levounos tempo atopa-lo botón de encendido da pantalla da televisión. Por non poñe-los lentes, coquet@s!
Algúns deseños para a carpa foron descartados por obviosNese tempo ían entrando no porto as primeiras embarcacións da xuntanza.
Chamounos a atención un barco pesqueiro danés de 1947, o “Tina Husted”, moi ben conservado que leva varios anos fondeado en
Sada onde recalou nunha pretendida travesía ata o
Caribe.
Hoxe é propiedade de
David, un británico que vive entre o seu país e o noso e non sei se algún outro máis. Os que fostedes a
Brest hai dous anos é posible que o topárades por alí.
O "Tina Husted" amarrado no portoXa de noite ceamos no medio dunha regueifa
Ferrol vs.
Arousa que, como os mesmos anfitrións recoñeceron no seu
blogue, ganámola nós por goleada.
Ao día seguinte foi o día da navegación pola ría e inda que ía pouco vento, chegounos para podermos disfrutar da emoción de navegar nun mar de barcos de tradición como son os das asociacións
Nordés,
Patexeiros,
Redes,
Sada,
Clube Náutico de Acoruña e
Clube de Mar de Ferrol, os anfintrións.
Conflicto Norte-Sur o primeiro día de navegación: dornas arousás abordan o "Ría de Ferrol"
Finalmente, fixéronse coa caña do trincadoA ninguén lle arredou a presencia dun gaseiro, unha ameaza flotante que periódicamente teñen que padece-los habitantes desta fermosa ría.
Tradición face destrucciónDespois de comer, máis navegación, esta vez a bordo do “Tina Husted”.
Os
botes ártabros, as
bucetas,
galeóns,
trincados, as nosas ben prezadas
dornas seguíannos a popa.
Velas tradicionais a popa do "Tina Husted"No pesqueiro danés armamos trinquete, maior e mesana.
Tamén, por falta de vento, nas manobras, houbo que “arma-lo motor”, ese “aparello” tan denostado e pouco recoñecido na e.n.t. de Arousa .
De volta da navegaciónPACHANGA DO BAO E REGATA LAJAREU Xa era noite, cando soubemos pola información que nos chegou da Escola, que a
Pachanga do Bao foi un éxito de navegación e de xente, que gañou a dorna tripulada por
Lino e
José Luis e que houbo merenda e festa para celebrala.
Luis da Fonte fixo un vídeo da regata e xa o temos
eiquí.
Tamén soubemos do éxito da E.N.T. na
Regata de Lajareu en Ribeira. Atá alí foron tres dornas da Escola, a “Jalerna”, a “Petela e a “Cariñosa”.
O resultado foi que
Braulio e máis
Carterola chegaron en
primeiro lugar na “Jalerna”,
Pimon e
Lino fillo, de
terceiros na “Petela”, mentras que en segundo lugar foi unha dorna de ADM de
Ogrobe, a "Rona".
Noraboa a todos!
(Se conseguimos fotos poñerémolas no blogue)

Despois dunha noite de música e festa, o domingo fumos os primeiros valentes en saír a navegar.
De novo o pouco vento e a ameaza dun novo gaseiro coa conseguinte orde de prohibi-la navegación pola ría a partir das 14:00 horas, non impediu que cumpliramos a tradición de ir come-lo polbo á fermosa
Mugardos para constatar que seguen a preparalo tan ben como na
Arousa.
O flatulento mercante entrando na ríaAo acabar de comer na carpa mariñeira de
Curuxeiras comezou o reparto dos agasallos a tódalas embarcacións participantes da xuntanza.
Eran moitas polo que tocounos agardar un montón de tempo polo premio especial da
Parrocheira: un magnífico xamón, que noutras edicións era o premio da regata do sábado, pero que actualmente, agasállase á asociación que máis o teña merecido, según o criterio dun xurado imparcial (ou sexa, os organizadores).
Lois recolle un dos premios pasando moi preto do xamónE sabedes a quen lle tocou?
A nós, os de
Dorna.
Moito obrigad@s, anfitrións!
Uxío foi o encargado de "inaugura-la" primeira tallada para compartir as seguintes co resto da tripulación da Parrocheira.
Uxío "inaugurando" o xamónEn fin, unha fin de semana intensa onde se puido disfrutar de bo tempo, gastronomía, regatas, cultura mariñeira, pachangas e, sobre todo, moitísimo patrimonio en
embarcacións tradicionais.Despois de axudar a recolle-los barcos da exposición e a carpa da
Federación cargamo-las dornas e marchamos para casa cun bocata de xamón que Maricarmen amañounos, non sabemos en que momento.
Hai fotos no
álbum2 da escola.