Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Novembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Administrador

E A CEA VESTIUSE DE GALA

Categoría: escola
Enviado: 21.11.2010 23:46

Fomos 75 as persoas que nos reunimos onte para celebrar a cea de despedida de tempada dorneira da Escola de Navegación Tradicional de ACDDorna.
Foi en Arousa, no restaurante Tamanaco e, inda que a noite andaba a ventar e mollar sen compaixón, alí xuntámonos para compartir mesa , mantel e música xunto con membros da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, das asociacións Fasquía, Calmoseira, Rabandeira, … e os benqueridos compañeiros de Abelleira, o Ferreiro, a súa muller e o señor Brea.

http://acddorna.org/blog/upload/previos.jpg
Instantes previos á cea

Malia o desapracible da noite, antes da hora prevista xa se atopaban por alí patróns e tripulantes da Escola ultimando os preparativos para a nosa festa anual:

Mentres a Federación repartía polas mesas trípticos e instalaba nos cabaletes o cartaz oficial do X Encontro de Embarcacións Tradicionais que vaise celebrar o próximo ano en Carril

http://acddorna.org/blog/upload/Colocando%20cartaz.jpg
Colocando o cartaz dos vindeiros Encontros de Embarcacións Tradicionais de Carril


@s da escola dispoñían o funcionamento da tele e o DVD para proxectar unha presentación de fotografías dalgunhas actividades da escola neste ano …

@s cociñeir@s preparábanse para servi-la cea …

os músicos afinaban os instrumentos …

e Susaríns e Bea, cargadas de bolsas, … a saber o que andaban amañando.



http://acddorna.org/blog/upload/Musicos%20cea%2011.jpg
Antes da cea os músicos xa andaban dando a nota


Na sobremesa, Fernando, Paco Rei e o presidente Víctor como representantes da Federación, Pablo Carrera do Museo de Mar, Salva, director da Escola e Uxío, Presidente de ACDDorna foron os encargados do acto protocolario da entrega de premios.


http://acddorna.org/blog/upload/Blog.jpg
As "autoridades" coa "xefa de protocolo"


Fernando lembrou o excepcional da tempada de regatas de dornas que fixo que o Trofeo de Galicia quedara en suspenso este ano, mais iso non impediu agasallar ás dornas máis regulares según os resultados das competicións celebradas.

Así a “Nécora” de Carterola, a “Xarandeira” de Santi Mougán e a “Fuxe” de Parada de Ogrobe, foron nesta orde, as premiadas.


http://acddorna.org/blog/upload/fuxe.JPG
Parada recolle o terceiro premio

http://acddorna.org/blog/upload/xarandeira.JPG
Santi e Odilo recollendo o segundo

http://acddorna.org/blog/upload/jalerna.JPG
Carterola e Ricardo recollen o primeiro premio

Carterola agradeceu, emocionado, o primeiro premio a tódolas persoas e Asociacións, dixo, que fan posible a celebración de actividades en torno ao Patrimonio Marítimo Mariñeiro. Noraboa Campeón!


http://acddorna.org/blog/upload/ceando.jpg

Mais a noite deparaba outras sorpresas:


A GALA DOS DORNA. I PREMIOS PODRÉNS

Sabiamos, sospeitabamos, que Susa e Bea algo amañaban e eí as estaban, dispostas a dar premios dorneiros aos que nunca tal mereceramos .
Por defecto, todos estabamos “nominados” (especialmente por defecto), por tanto, nervios@s e inqued@s. Os garfos repenicaban, as copas estalaban nas mesas, ata o viño aquelouse.

“Haberá alguén máis merecente ca min dun premio podrén?”
"Quen naufragaría , emborcaría, embestiría, esquecería os aparellos en terra máis veces ca min?"


http://acddorna.org/blog/upload/Prresentando%20gala.jpg
Susaríns e Bea presentaron a "Gala dos Dorna" coa mesma soltura coa que navegan nas regatas (ou case)

O primeiro premiado sorprendeunos.

Parada, premio podrén?
Un dos nosos patróns e mellores regatistas, na lista dos torpes?

Cedo soubemos que mereceuno por "autoincomunicarse" e rexeita-lo móbil como ferramenta imprescindibel que todo bo dorneiro ten que ter (reunións, asambleas, naufraxios, pa quedar, … )

Noraboa, patrón!

O seguinte na lista non foi menos. Premio ao que ven sendo o crack deste ano na Escola, o home que fixo o milagre de dar vida e botar a andar a un motor dos que xa non se fan, un motor con máis de cincuenta anos de vida. O seu nome, José Piñeiro.

http://acddorna.org/blog/upload/Jos%E9.jpg
José entre Marro e Maricarmen coa súa muller e o seu fillo Juan

Noraboa, ao noso xefe de Máquinas.


Os seguintes premios podréns foran ben merecidos: Juan Servando e a patroa da “Jaivota”, Marro. Andan seguido a perder cousas: os arrocamentos, os nervios … Ou será ao revés?
Noraboa aos dous!

Sen esquecer o de Santi Rouco. Según contaba Bea, fixo uso da súa embarcación para converter de novo a Arousa nunha illa: "Aparta ponte que te fendo!"

Houbo premio podrén, tamén, para estas blogueiras (Susaríns, Marro e Malena) que con nocturnidade e aleivosía dan conta das actividades da Escola navegando pola web, o que é máis seguro que navegar polo mar, … ou non.

Tódol@s premiad@s recibiron agasallos que destacaron polo seu deseño e bo gusto.


O premio final foi para os patróns, ou sexa, os que andan chamarnos podréns por non ser coma eles. Regaláronlles unhas camisetas cun diseño do Galeón ”Rei do Mar” feito por Juan Piñeiro Bernárdez.

http://acddorna.org/blog/upload/Camis.jpg
Á orde de Bea, os patróns vestiron as camisetas coas que foran agasallados
(Foto Juan Piñeiro B)

Encheron as camisetas con tal garbo, que xa temos listas de espera con pedidos para facerse con elas. Pronto poñerémolas á venda polo módico prezo de 10 € . Haberá distintos modelos e talles. Deste xeito pódese participar na posta en marcha do proxecto do galeón de Arousa, “O Rei do Mar”.


http://acddorna.org/blog/upload/music.jpg
Festa!

Rematamos destacando a actuación dos gaiteiros de Dorna. Foi comentario xeral o ben que tocaron e o variado do seu repertorio que nos levou de festa ata máis alá das 4 da mañá:
Paco, Santi, Lino, Juan Piñeiro C,Santi Mougán, Pablo, Rosa, Lois, Maricarmen, Cova, Belén, Camba … Gaiteiros!


E as mellores fotos da cea tédelas eiquí.Son de Juan Piñeiro C, o da "Zenaida".
Permalink Comentarios (10) Trackbacks ()

Asemblea da ENT Dorna: o falado.

Categoría: escola
Enviado: 20.11.2010 14:26

http://acddorna.org/blog/upload/galeom_postal.jpg
Galeón dando traballos para sair ao mar.

O pasado Sábado 13 de Novembro, nunha tarde desapacíbel que ben lembraba as tardes de oito anos antes, unha trintena de persoas vencelladas á ENT Dorna nos xuntamos e falamos os seguintes asuntos (fóra as rexoubas que non poden ser aquí contadas...)

ORDE do DÍA:
Estado de Contas
Á ENT Dorna, como a todas as partes, este ano chegou a crise. As axudas oficiais diminuíron totalmente e, aínda que foron cobradas algunhas actividades extras (esas películas nas que as nosas dorniñas son actrices), o balance final é AFORRO AFORRO AFORRO.

Con respecto às contas do Rei do Mar, as aportacións mensuais voluntarias de socios e socias (sobre 80 persoas neste momento) están servindo para ir resolvendo as débedas da carpintaría e os gastos de mantemento.
Foi retomada a posibilidade de pedir un préstamo bancario, mais optamos por, dada a situación económica global e as nosas particulares, seguir indo pouco a pouco e, se tal, voltar falar do tema para o ano.

(Por certo, se algunha persoa desexa deixar de facer a aportación mensual, por favor que llo comunique à Directiva antes de devolver os recibos, porque a devolución implica uns gastos bancarios que poderíamos evitar.)

Tempada de inverno en Vilaxoán.
Na nave de Vilaxoán está case todo listo para comezar a traballar. A falta de conectar a luz e a auga, comezará a estar aberta venres e sábados ás tardes para poder ir traballar. Cando sexa necesaria a presenza de moita xente polo tipo de traballo, será feita unha convocatoria xeral desde o blog; senón haberá apertura normal.
Para aforrarmos material, serán feitas quendas entre os patróns tanto para abrir a nave como para exercer de pañoleiros, controlando o material utilizado.
Foi proposto que comecemos por lavar todas as embarcacións e facer grupos para preparar primeiro de todo as embarcacións comúns (as dornas de tope, os botes, o racusiño...), deixando as dornas para máis adiante.

Asignación de Embarcacións
As persoas que esteades interesadas en facervos cargo dunha dorna, debedes comunicarllo a Salva, para facer a listaxe e asignar as embarcacións. Falando da crise (tema central) decidimos que a pintura das dornas, que até agora pagaba a escola, a pagásemos nós, xuntándonos en pequenos grupos.

Rei do Mar.
À parte do tema das contas, máis cousas falamos do Rei do Mar. Por unha parte, este inverno vaille ser instalado o motor, despois de ser limpado. O mecánico encargado de tal tarefa é Claudio, o de Vilanova (para que digan que na Arousa somos mal levados cos do continente). Desta maneira, na próxima tempada o galeón poderá acompañarnos nas nosas travesías polos mares arousáns. Esperamos que poida chegar sen remolque aos Encontros de Carril.

http://acddorna.org/blog/upload/relinga-vigo.jpg
Galeón no Berbés cunha soa vela de relinga (o noso andaría con dúas).

Ademais, o tema estrela foi a nova proposta con respecto às velas: Uxío expuso a posibilidade de armar o galeón à maneira autenticamente tradicional: con vela de relinga. Desta maneira, Ramoné podería adaptar unhas velas que xa ten a escola e aforraríamos o gasto de boa parte do pano. O problema principal de asunto é que habería que facer modificacións na cuberta porque probabelmente debería ser movido o pau de proa. Aínda non se sabía a diferencia de prezo entre a opción prevista incialmente e a nova, pero Uxío supuña que era tan importante como para permitir ter o barco aparellado moito antes. Quedou o tema exposto para que entre todos o meditemos. Pensade e opinade. (Máis información no bló do Rei do Mar)

Houbo queixas durante a xuntanza sobre o feito de facer as convocatorias só através do blog, porque había persoas que non se enteraban. Facemos isto así porque implica un aforro importante de gastos para a asociación (crise crise crise). Sabemos que en xeral funciona este sistema, porque senón non se xuntarían en Vilaxoán 30 persoas para traballar unha tarde, pero é importante que as persoas que ledes o bló fagades de correa de transmisión con aquelas outras que non teñen internete, avisándoas das convocatorias e novas. Pasade bóla!!
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Sobre as xornadas do patrimonio marítimo e lexislación

Categoría: actividades
Enviado: 19.11.2010 08:42

Na última asamblea celebrada o sábado 13 de novembro, un dos temas que se informaron foi o da celebración dunhas xornadas sobre os barcos tradicionais e a lexislación actual, na que se contaría coa presenza de autoridades da mariña mercante. Pois ben, dende a federación informanque debido a que as datas véñense enriba quedan para finais do mes de xaneiro.

Parece que a convocatoria ás asociacións foi ben recibida e que a mediados do mes que ven informarán debidamente das xestións que se realicen para que se poidan celebrar nesas datas.

http://acddorna.org/blog/upload/irmandinha_xeiteira2.jpg
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Blog do Rei do Mar

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 17.11.2010 22:03

http://acddorna.org/blog/upload/enchoupadunho_dentro.jpg

O blog do Rei do Mar voltou à vida. Que lle dure!
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 14:55 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous