Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xaneiro 2011 »
L M M X V S D
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Administrador

O "REI" NA PRENSA

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 30.01.2011 12:33

Nas páxinas locais do xornal Faro de Vigo de hoxe, podedes ler un artigo en castelánque informa sobre a intención da nosa escola de que ” O Rei do Mar” comece a navegar a partir do mes de maio, na botadura das Letras, tal e como falabamos na pasada reunión do mes de decembro.


http://acddorna.org/blog/upload/P1000540%20RO.jpg
O "Rei do Mar" antes ...


Alén diso, fai referencia ao traballo de rehabilitación que entre tod@s estamos a levar a cabo co galeón, ao "Proxecto Relinga" e, tamén, fai un pequeno resumo histórico das súas “andanzas” arousás antes de caer nas nosas mans.
No último número da revista Dorna hai un artigo de Marro sobre a historia do noso “Rei”.

http://acddorna.org/blog/upload/P1010527.JPG
... e por agora


Ao final informa da asemblea da Asociación ACD Dorna que onte tivo lugar na Escola de Pau, onde se tratou da convocatoria de eleccións dun novo equipo directivo.

Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Revista DORNA

Categoría: actividades
Enviado: 28.01.2011 19:21

http://acddorna.org/blog/upload/revista12PORTADA_P.png
Portada da última revista.

O equipo de redación da revista DORNA vén de xuntarse para botar a andar o próximo número da revista (eran horas!).

Se alguén de vós ten interese en integrar a equipa ou vos apetece preparar algunha colaboración (artigos de perquisa ou difusión, creacións artísticas de todo tipo -fotografía, deseño, ilustración...-) sabede que tedes até o 30 de Marzo para facernos chegar o voso interese.

Podedes contactar con nós através deste blog, persoalmente con alguén da redacción -mirade no último número- ou do correo-e: acddornaarrobayahoopuntocom.

Veña, a concentrarse e escribir!!
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Asamblea xeral de ACDDorna

Categoría: asociacións
Enviado: 25.01.2011 23:40

O próximo sábado, 29 de xaneiro, convócase a tódol@s soci@s a unha asamblea xeral cos seguintes puntos do día:

-Convocatoria de eleccións

-Estado de contas

-Preguntas e dúbidas


Lugar: Escola de Pau

Hora: 1ª convocatoria, 18h ; 2ª convocatoria, 18:30h


http://acddorna.org/blog/upload/Urna.jpg
Agardamos a vosa asistencia
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Cita en Vilaxoán

Categoría: escola
Enviado: 21.01.2011 12:57


Como quedaramos, hoxe venres e mañán sábado, estaremos na nave de Vilaxoán para organizarnos e adiantar o traballo, xa que o tempo voa e en nada cheghan as datas de estar preparados e cóllenos desprevenidos.

http://acddorna.org/blog/upload/P1020951.jpg

Un dos temas que temos que tratar é o do finanzamento da escola.
O sábado 22 de xaneiro faremos unha reunión no bar Vilaxoán para dar ideas de novos trofeos para as regatas ( saen moi caros ) e outras que se vos ocorran para podernos pagar as actividades da escola.

http://acddorna.org/blog/upload/campions2.JPG

Precisamos que esteades tod@s @s que teñades idea de desenho, talla, carpintería,...
Permalink Comentarios (8) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 23.05.2013 18:07 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous