Enviado: 27.02.2011 23:16
No salón de actos de Exposalnés de Cambados celebrouse este venres unha xornada sobre embarcacións tradicionais e a súa situación legal.Esta xornada foi organizada pola Consellería de Pesca dentro do proxecto NEA2.
Non houbo grandes solucións para o que se ven reclamando dende hai unha chea de anos (principalmente un tratamento distinto ás embarcacións de recreo ou lecer non tradicionais, así como menos atrancos dende a administración dado o carácter patrimonial destas embarcacións ), pero houbo actitude de escoita ós problemas que presentaron as distintas asociacións que alí asistiron.
Na páxina da FGCMF tedes cumprida información sobre o tratado.
A nosa asociación estivo representada por tres persoas.
Temos unhas imaxes da xornada, cedidas por Lino Prieto.
Público asistente, moitas caras coñecidas, na primeira fila o presidente da
FGCMF Víctor Fernández, acompañado por Elvira Mata, directora do Museo
Maritim de Barcelona (onde por certo hai en exposición unha dorna e un
bote polbeiro)
De esquerda a dereita,Paul Robert, director do Atelier de l´Enfer en Douarnenez, Francisco Alonso, representante da DGMM, María Diz,
secretaria xeral do Patrimonio Cultural da Xunta e Pablo Carrera, director do
Museo do Mar








