Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Marzo 2011 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Administrador

De nomes e folios

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 31.03.2011 21:21

Andan as dornas a agardar pola ración de pintura deste ano. Agora que chega a primavera xa podemos contar con secura abonda para maquealas.
Se en algo se nota a personalidade dos amos ou responsábeis das dornas é na atención que lle poñen no pintado do nome ou do folio.

http://acddorna.org/blog/upload/folio_pezaderabo1.jpg
A Peça de Rabo e a Onza gostan da tipografía tradicional.

http://acddorna.org/blog/upload/folio_bandalha1.jpg
A Bandalha actualizouse da man de Lois.

Pero, con diferencia, a artistada desta primavera, colocando moi moi alto o nivel na competición, e o folio que o Yogui lle preparou á Caracola. Impresionante!

http://acddorna.org/blog/upload/folio_caracola1.jpg
Seique o fixo a pulso, sen plantillas.

http://acddorna.org/blog/upload/folio_caracola2.jpg
Está para recoñecer a grandes distancias!
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Viva o alquitrén

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 31.03.2011 15:54

O traballo en Vilaxoán continúa. Estamos na fase de protección das dornas dándolle alquitrán polo interior.

Esperamos que o tempo acompañe para que seque e poder seguir pintando o casco.

http://acddorna.org/blog/upload/trabalho_nave_marzo1.jpg
A nave chea de dornas agardando polo alquitrén

http://acddorna.org/blog/upload/Chati_alqui.JPG
A Chati coa súa ración de piche


http://acddorna.org/blog/upload/laberca_alqui.JPG
A Laberca ídem de ídem


http://acddorna.org/blog/upload/bandalha_alqui.JPG
Ültima desta serie, a Bandalha


http://acddorna.org/blog/upload/parada.JPG
Mentres, Parada cos seus menesteres nas alturas


http://acddorna.org/blog/upload/calix_juanservando.JPG
Calixto, axudando a Juan Servando na reparación dunha dorna que inda non ten nome pero si patrona. Belén



Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Celebración dos Encontros de Carril

Categoría: encontros
Enviado: 26.03.2011 12:58

Hoxe na edición de Arousade La Voz de Galicia publícase unha noticia sobre a financiación dos Encontros de Carril que se celebrarán este próximo mes de xuño, e da incertidume sobre a participación económica da administración.

A vontade vai pola celebración da gran Festa das Embarcacións Tradicionais, pero non é o mesmo que Cultura axude e impulse este gran evento que non o faga.

Queda tempo, pero non moito...


http://acddorna.org/blog/upload/Botes%20de%20vela%20latina%20en%20carril.JPG
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

De Vilaxoán a Tuluá

Categoría: embarcacións
Enviado: 24.03.2011 20:34

Temos un seguidor do blog moi especial: chámase Ricardo e é o antigo amo da dorna Pintora, agora nas boas mans de Jorge.

Ricardo tennos solicitado novas da súa embarcación dende Colombia, país onde agora reside e traballa. Eiquí van dúas fotos nas que damos conta do ben que se atopa. Moi pronto andará navegando polo mar de Arousa con Jorge de patrón.

http://acddorna.org/blog/upload/Pintora.JPG
Saúdos e saúde



http://acddorna.org/blog/upload/pintora1.JPG
Como podes ver, ata a Peça de Rabo mira por ela
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 25.05.2013 02:23 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous