Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2011 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

Travesía da xeiteira: de Bueu a Alcabre

Categoría: Aniversario da xeiteira
Enviado: 30.05.2011 22:19

A Nova Marina non para. Onte, domingo, tivo que facer outra travesía dende Bueu, onde estivo dende o venres 20 de maio, ata o Museo do Mar, en Alcabre, xusto ó carón de Samil, na ría de Vigo. Nesta ligazón tedes a xornada na que vai participar a nosa emblemática.

E esta é a crónica do que aconteceu durante a travesía.

En Bueu, ás 9:00 am, hora de partida, a encalmada era moita. Inda que era cedo e os corpos non estaban moi espabilados, as mentes non facían máis que imaxinar a boghada que se nos viña enriba.


http://acddorna.org/blog/upload/Bueu_calma.JPG
Mañá fermosa e en calma


Pois si ten que ser... ten que ser. Os remos da xeiteira puxéronse en movemento.

http://acddorna.org/blog/upload/Bueu_sa%EDda.JPG
Ós poucos, fomos saíndo fóra do peirao


De todos xeitos, para que o vento pensara en nós subimos vela, non fora a ser que de súpeto soprara forte...


http://acddorna.org/blog/upload/Bueu_subimosvela.JPG
Malena e Mar tirando das drisas baixo a mirada do patrón




Pero a boghada continuaba, iso si, cada vez máis coordinada e en rigorosas quendas.

http://acddorna.org/blog/upload/Boghada.JPG
De babor: Uxío e Bea


http://acddorna.org/blog/upload/Boghada_estribor.JPG
...e de estribor: Mar, Lois e Malena


A paisaxe desta costa era fermosa, dounos tempo a disfrutala, ollade algúns exemplos:


http://acddorna.org/blog/upload/Cabalo_Bueu.JPG
Este é o Cabalo de Bueu

http://acddorna.org/blog/upload/Tulla.JPG
A praia de Tulla, camiño da Punta Udra


http://acddorna.org/blog/upload/Punta%20Udra.JPG
Punta Udra, fermosa e eterna, non a dimos pasado!


Pero tiñamos un as na manga, xa que navegantes da ría de Vigo sabían de nós. Dunha parte José Piñeiro, que estaba en contacto telefónico para axudarnos no que fixera falta...

http://acddorna.org/blog/upload/Jos%E9.JPG
Eiquí chega o noso salvador


Dende as Cíes chegou o racú A Oleira da asociación de Bouzas, con Braulio, Víctor e Carlos de tripulación...

http://acddorna.org/blog/upload/Oleira.JPG
Máis salvadores!


Está claro quen nos ía remolcar

http://acddorna.org/blog/upload/remolque_oleira.JPG
É que o motor é o que ten...


Así que agora cun pouco máis de barullo, pero a máis velocidade, comezamos a verlle a faz a outros cabalos: Os Cabalos de Aldán

http://acddorna.org/blog/upload/cabalos%20de%20ald%E1n.JPG
Coa testa branca por culpa das javiotas


E tamén apareceu outra fermosura : A Costa da Vela

http://acddorna.org/blog/upload/costadavela.JPG
Cousas da vida: empezou a sopra-lo vento

Como o botiño de José non prestou o servizo que quería, pasou a ser remolcado e o seu patrón incorporouse como tripulante na xeiteira. A todo isto, embarcou coa xeiteira xa en marcha e sen axuda de ninguén: bravo, mariñeiro!


http://acddorna.org/blog/upload/jos%E9_abordo.JPG
Bea levando a caña na remolcada e José, recén embarcado


Outro monumento natural apareceu no transcurso da travesía: Cabo Home, cos seus marabillosos faros de entrada á ría de Vigo:


http://acddorna.org/blog/upload/cabohome.JPG
O vento ía tendo máis e máis forza, xa case podiamos armar vela


Antes de que comezara a navegación a vela, o noso patrón abandonounos por unha empanada e viño


http://acddorna.org/blog/upload/ux%EDo_empanada.JPG
Uxío nunha imaxe inédita...


Por fin, xa dentro da ría, o vento era bastante/moi fresco. Despois de tanto boghar ( sobre dúas horas ) e remolque ( outras tantas ), a xeiteira navegaría con todo o seu poderío

http://acddorna.org/blog/upload/ventonar%EDadevigo.JPG
Uxío, de novo patróneando a Nova Marina


Dentro da ría poidemos contemplar un fenómeno impresionante: a marea bermella que tinguía unha gran superficie de mar.


http://acddorna.org/blog/upload/marearoxa.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/marearoxa1.JPG
Algas en descomposición, disque... pero que non cheguen ás bateas!


Unha tronada esperaba a nosa arribada ó Museo, pero o vento puxaba por nós e non tivemos medo

http://acddorna.org/blog/upload/museodomar_tronada.JPG
Alá, entre a choiva e as ondas, xurde o Museo do Mar

A tripulación á popa. Case iamos nunha empopada dado o vento do suroeste.

http://acddorna.org/blog/upload/tripulaci%F3n1.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/ux%EDo_chapeu.JPG
Uxío cun look acorde co momento


No peirao do Museo, Sendi esperaba por nós e axudounos

http://acddorna.org/blog/upload/sendi.JPG
Sendi botando un cabo


E tamén chegou a Oleira cunha tripulanta honorífica, Bea.

Pero esa é outra travesía...


Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Comidas e durmidas dos Encontros de Carril

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 28.05.2011 10:53

Como xa se anunciara na reunión que tiveramos cos organizadores dos Encontros de Carril2011, acaba de saír na páxina web dos mesmos información sobre todo o relativo á manuntención e pernoctación para eses días.

Ide reservando @s que xa teñades claro a vosa participación e @s que aínda o estades pensando bulide, pois tan só faltan 30 días escasos.


http://acddorna.org/blog/upload/Faro%20carril.jpg
E se premedes na imaxe de enriba poderedes ve-lo programa dos Encontros
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

De Bueu a Alcabre

Categoría: Aniversario da xeiteira
Enviado: 26.05.2011 20:28

A Nova Marina ponse de novo en movemento. Segue moi atarefada co tema do XX aniversario e agora ten que partir rumbo a Alcabre onde se atopa o
Museo do Mar, na ría de Vigo. É por iso que o próximo domingo 29 de maio sairá do peirao de Bueu, no que agora mesmo está atracada, ás 9:00 am, sempre que o tempo acompañe.



Nesta travesía o patrón será Uxío : @s interesad@s que queiran navegar poden pasar mañá por Vilaxoán ou poñerse en contacto telefónico con Uxío para anotarse.

http://acddorna.org/blog/upload/NMarina_brest.jpg
A Nova Marina en Brest2008, no día de Galicia, levando a bordo á conselleira de Cultura daquela, Ánxela Bugallo.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Novas do Rei do Mar

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 23.05.2011 18:40

O Rei do Mar luce xa o seu nome na popa.
O artista neste caso é Pepe, "o montañés", para nós o pai de Calviño, que coa arte dun bo carpinteiro fixo esta marabilla para o galeón. Dende eiquí a nosa gratitude polo seu traballo.

Tamén está lista a consola, agora veredes que ven sendo esta parte tan importante do barco


Preséntovos á consola do Rei do Mar

http://acddorna.org/blog/upload/consola1.jpg
Bonita, non?


http://acddorna.org/blog/upload/consola2.jpg
Detalle da consola


Os facedores incansables do galeón, Lino e Salva, baixo a supervisión de Javi Calviño, tomando as medidas para colocar as letras:

http://acddorna.org/blog/upload/popa_nome2.jpg



http://acddorna.org/blog/upload/popa_nom1.jpg
As letras foron colocadas unha a unha



http://acddorna.org/blog/upload/popa_nome.jpg
Bo traballo, montañés...


Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 6
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 21.05.2013 20:21 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous