Enviado: 29.07.2011 08:24

Os días 6 e 7 de agosto (sábado e domingo), vaise celebrar no Cantiño a XX Festa do Mexilón que este ano organiza a escola xunto coa sección de música e baile da ACDDorna.
Xa sabedes que esta festa supón unha fonte de ingresos para nós nuns tempos de moita escaseza presupostaria. Por iso a escola convócavos a unha xuntanza para repartir os equipos de traballo que xa empezarán a funcionar esa semana da Festa.
A convocatoria é a seguinte:
Lugar........ Escola de Pao
Día.......... Luns, 1 de agosto
Hora......... 21h
Se podedes asistir, non faltedes: inda que haxa que traballar en agosto, pasarémolo ben.






