Categoría: embarcacións
Enviado: 28.09.2011 16:45, Editado: 28.09.2011 15:03
Di a lenda que quen se pode achegar a un
unicornio é porque é puro de alma. E desde onte sabemos que na ENT Dorna, puristas non seremos, Puras non temos ningunha, pero unha alma
queloflipas debemos ter todos e todas... porque non deixou de caer xente polo Bao en toda a tarde para admirar, achegarse, tocar, acariñar e deixarse domar pola nova "adquisición" da Escola: o
UNICORNIO.
Ollade que puras quedan as almas que navegan no Unicornio (a foto é de Lino da Semparada)Xa coñecíamos o
Unicornio hai moito tempo, pois pastaba habitualmente nas areas de San Tomé. E había na escola quen lle tiña ganas, sobre todo porque daba pena ver que ninguén o levaba a pasear e pasaba invernos e veráns alí na area, sen gozar das cabalgadas polo mar.
E como temos unha Escola chea de negociantes co
síndrome de Dióxenes, e non temos abondo co traballo que nos dan as nosas propias embarcacións, onte chegou desde Ribeira, en réxime de préstamo, este fermoso
bote de Ribadeo, arbolado con vela cangrexa (a que nos faltaba), para practicar outra maneira diferente de navegar.
A idea era traelo veleando, pero a calma podre mudou os planos.
O Unicornio saíndo de Ribeira remolcado polo Irmáns Allo.O problema é que o barquiño está un pouco abandonado e bota en falta unha boa man de rascado e pintura...
O Unicornio berrando: "Limpádeme, limpádeme!!"...aínda que visto o visto, sobra voluntariado para traballar nel (e patronear). A primeira que quere exercer de
Dama do Unicornio é Bea, só porque foi co señor Allo un momentiño a Ribeira.
A Dama posa mentres Larri intenta piratearlle o mando desde o mar.
Outros confórmanse cunha fotos para presumir de veleiro no feisbu. E moitos apuraron a colaborar na primeira pasada de limpeza, para gañar o dereito de ser o
Cabaleiro do Unicornio: até Iñaqui se achegou a darlle mimos (hai probas fotográficas).
O interesante da imaxe non é o bote nin a karcher,
senón o calzado de Salva 
En fin, que estes días, ademais de limpar o
Rei do Mar, teremos que traballar na súa mascota...
O Unicornio descansando no bao despois da travesía.