Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Outubro 2011 »
L M M X V S D
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Administrador

CONVOCATORIA da FGCMF

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 30.10.2011 00:52

A FEDERACIÓN GALEGA pola CULTURA MARÍTIMA e FLUVIAL, ó través da súa páxina web, convoca a todol@s soci@s dos colectivos que o integran, e a calquera persoa interesada polo Patrimonio Marítimo, para asistir ao pleno do concello de Vilagarcía de Arousa o próximo luns 31 de outubro ás 17:00 horas para apoiar coa súa presenza o que cremos é de xustiza.

http://acddorna.org/blog/upload/carril%20festa%202.jpg

Eiquí vos vai a reprodución do texto da convocatoria da FGCMF:


O X Encontro e a débeda do Concello de Vilagarcía a Pleno. Convocatoria
O mestre | 29/10/2011



Durante a organización e celebración do Encontro en Carril houbo problemas co Concello de Vilagarcia, quen simplemente "desapareceu" do Comité Organizador desde o cambio de goberno propiciado polas últimas eleccións municipais.

Debido a que o Concello non fixo ningunha aportación directa ao Encontro, tívose que asumir o que en principio lle correspondía ao Concello e como consecuencia hai un desfase no orzamento de 21.000 euros aproximadamente.

Dende a realización do Encontro ata o día de hoxe non foi posible falar co equipo de goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa, a pesares de solicitálo a FGCMF en numerosas ocasións e por diferentes vías. Por esta razón a Xunta Directiva da FGCMF non lle quedou outra solución que manter reunións cos grupos políticos da oposición do Concello de Vilagarcia para tratar este tema (en principio mostráronse favorables), e fíxose unha petición para que sexa tratado no próximo Pleno e que poida intervir un representante da FGCMF nese Pleno.

O xoves, soupemos que o tema non estaba incluído na Orden do día do Pleno do Concello de Vilagarcía do vindeiro luns 31 de outubro. Por esta razón, os grupos da oposición van pedir o mesmo luns no Pleno, que pola vía de urxencia se inclua na orden do día o asunto do X Encontro. Na solicitude que se presentou no Concello se pide que un representante da FGCMF interveña no Pleno para explicar a problemática.

A xunta directiva da FGCMF pide o voso apoio e solicita a vosa presenza o luns no Pleno que terá lugar na sede do Concello ás 17:00 horas. É importante que fagades chegar esta solicitude de apoio a todos os interesados en defender o patrimonio marítimo galego.

Para coordinar o tema propoñemos:
-Estar o luns 31 na entrada do Concello as 16:30 horas, alí repartiremos unhas camisetas que nos identificarán.
-Neste intre trátase de facernos ver, polo de agora non faremos ruído. Polo tanto no caso de que ao inicio do Pleno non se acepte tratar o tema nese Pleno retirarémonos en silencio.

É importante que se poida pechar correctamente o X Encontro, xa que se así non fose estaríase poñendo en perigo, como mínimo, a convocatoria do seguinte Encontro.




http://acddorna.org/blog/upload/Festa%20en%20Carril.jpg
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

As últimas embarcacións

Categoría: embarcacións
Enviado: 28.10.2011 17:09

Mañá, sábado 29 de outubro, ás 17 h, quedamos en Vilaxoán para traer ata a nave as últimas embarcacións que faltan: a planadora, o bote polbeiro e a Pintora. Irán en remolque por terra.

Coma sempre, vinde se podedes, pois a maior número de participantes, menos kilos de forsa por cabeza.


http://acddorna.org/blog/upload/saida_mestres_planadora.jpg
A sufrida planadora tamén ten dereito a descansar
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Pablo Carrera deixa a dirección do Museo do Mar

Categoría: persoeiros
Enviado: 27.10.2011 00:01

No blog da FGCMF ven a nova da dimisión de Pablo Carrera como director do Museo do Mar de Galicia, amais do recoñecemento por parte da Federación ó gran traballo realizado no tempo que estivo no cargo.

Sempre foi moi valorado na nosa escola polos seus coñecementos, polo seu compromiso coa cultura e patrimonio marítimo e porque aportou a tódolos eventos que se fixeron todo aquel material que o Museo podía dar.

Dende eiquí queremos manifestar o noso aprecio ó seu labor ó frente do MM.


http://acddorna.org/blog/upload/presentaci%F3n%20MM.jpg
Pablo presentando a exposición no aniversario da xeiteira, xunto con Víctor, presidente da FGCMF, no Museo do Mar

Na edición de Gran Vigo do Faro do 18 de outubro, ven así reflexada a noticia.


Esta é a versión de El Mundo.


E esta a da Voz de Galicia.
Permalink Comentarios (9) Trackbacks ()

LOXÍSTICA NAVAL TRADICIONAL. A INVERNÍA

Categoría: embarcacións
Enviado: 23.10.2011 18:33

http://acddorna.org/blog/upload/proces%20de%20xeiteira2011.jpg
Este ano a procesión de Santa Marina, a Nova, contou con menos devotos
que na pasada edición




Malia todo, entre as persoas que en Vilaxoán nos congregamos, fumos quen de subir a terra dúas das embarcacións máis grandes da Escola: a "Peza de Rabo" e a Xeiteira.

E, inda máis, nun alarde de enxeñería tradicional, non exento de perigo, unha vez na nave, baixámolas do carro e acomodámolas en cadanseu niño de inverno.


http://acddorna.org/blog/upload/xei%20en%20rampla.jpg
A Xeiteira esperando por Edu

Para levar a cabo estas dúas angueiras, amais de man de obra barata
( moi barata ), axudámonos de dous mecanismos moi lonxanos entre si no tempo:

Por unha banda, da rampla do mar ata nave, Edu aportou o seu 4X4 cun atractivo gancho para todo tipo de carros.


http://acddorna.org/blog/upload/L1000633.JPG
A "Nova Marina" entrando en "boxes"




E por outra, xa no interior da nave, para retirala do remolque, houbo que botar man do que de seguro é a máquina primixenia, a nai de tódalas máquinas que cabeza humana descorrera ao se ver nunha necesidade coma a nosa: a panca.


http://acddorna.org/blog/upload/pensa%20salva.jpg
A falta de presuposto fai agudizar o enxeño: Pensa, Salva


http://acddorna.org/blog/upload/palanqu%EDns.jpg
Lino, o mestre-enxeñeiro, preparado para facer un esforzo


http://acddorna.org/blog/upload/quitando%20o%20carro%20en%20vilax.jpg
O carro por fin ceibe



E así fixémolo tamén coa "Peza de Rabo".
E alí estaban Salva e Lino e tamén Marro e Edu, e o Iñaqui e a Malena e o Iogui e tamén Calixto que chegou máis tarde; e pasaron por alí Lino Bandín e a súa dona que tamén axudaron, e para cando Héctor chegou, pechabamos o portal.

E os que alí estivemos, así volo contamos de xeito gráfico con este feixe de fotos que eiquí vos vai:


http://acddorna.org/blog/upload/Espindo%20a%20santa.jpg
Unha vez na nave, espindo a "Santa"



http://acddorna.org/blog/upload/lanzaempanetado.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/lanzaempanetado.jpg2.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/lanzaempanetado3.jpg
Secuencia do lanzamento de empanetado



A continuación tocoulle o turno a dorna de tope.


http://acddorna.org/blog/upload/d%FAas%20pezas.jpg
Eí a traen



http://acddorna.org/blog/upload/para%20atras%20peza.jpg
Temos que dicilo: a "Peza ..." negouse a colaborar



http://acddorna.org/blog/upload/cordanaman.jpg
"Escorzo" do cabo na man



http://acddorna.org/blog/upload/xogando%20%E1%20corda.jpg
Subindo a "Peza de Rabo" ...




http://acddorna.org/blog/upload/tirodacorda.jpg
... houbo tempo para xogos populares




http://acddorna.org/blog/upload/coche%20de%20edu.jpg
Outra vez o Edu en acción




http://acddorna.org/blog/upload/iogui%20e%20a%20peza.jpg
Iogui dirixindo as manobras de entrada




http://acddorna.org/blog/upload/palanca%20pa%20peza.jpg
Xa o dicía un tal Arquímedes:
"Dádeme un punto de apoio e móvovos un barco grande coma un mundo"
(o algo así)




Por fin temos tódalas embarcacións na nave para que pasen o duro inverno de reparacións, pintadas e arranxos.
Bo, todas non. Algunhas, moi poucas, buscaron outros agochos, e o xefe da manada, o noso "Rei do Mar", agarda a súa posta a punto no Cabodeiro. Para el contamos con mans expertas da escola e voluntari@s solidari@s dispostos a armar unha boa no galeón. Unha boa vela.






E xa sabedes ...

http://acddorna.org/blog/upload/barco-encallado.jpg
... algún problemiña coa embarcación?...

http://acddorna.org/blog/upload/enxe%F1eiros%20en%20vilax.jpg
... non dubidedes: www.enxeñeiros-sen-fronteiras.acddorna
Permalink Comentarios (6) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 22.05.2013 07:22 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous