Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Outubro 2011 »
L M M X V S D
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Administrador

ÓS POUCOS IMOS RECOLLENDO

Categoría: embarcacións
Enviado: 09.10.2011 11:59

Moito vento e pouca xente na xornada do sábado que convocamos para a recollida das embarcacións.


http://acddorna.org/blog/upload/vento%20F-R.jpg
O vento era de "Forza R"



Salva, moi asisado, decidiu que levaramos remolcadas por terra tres dornas e xa as temos en Vilaxoán: a “Pepita”, a “Carme” e a “Mimela”.


http://acddorna.org/blog/upload/A%20Carme%20no%20carro%202.jpg
A "Carme" no carro e sen rechistar


http://acddorna.org/blog/upload/A%20pepita%20e%20a%20Mimela%202.jpg
A "Pepita" e a "Mimela" tampouco se queixaron



Mais tamén por mar. Os Amigos da Dorna Meca demostráronnos que tamén son amigos da dorna Arousá e trouxerónnos dende O Grove, remolcadas por un bateeiro, catro dornas que alá quedaran o sábado da regata do Marisco: a”Javiota”, a “Laberca”, a “Roxiña” e a “Freixana”.

http://acddorna.org/blog/upload/Os%20do%20grove%20en%20Vilaxo%E1n.jpg
Así de colocadiñas nos deixaron as dornas os d´O Grove



E inda máis: campións do talle da “Rona”, a “Sra. María”, "Marijuana" e tódolos demais , axudáronnos a subilas da praia ata nave, polo que todo resultou moi rápido e lixeiro.

http://acddorna.org/blog/upload/do%20mar%20%E1%20terra.jpg
Cantos máis mellor



Tamén aproveitámo-lo tempo para colocar, recolocar e facer sitio na nave para o que queda por vir.

http://acddorna.org/blog/upload/As%20primeira%20colocadas.jpg
Ao abrigo máis outra vez



Inda nos quedan dornas por recoller e xa que o mércores 12, non sabemos por que, pero é festivo, quedamos emprazados no Bao para levar dornas en pachanga-migración ata Vilaxoán. Será pola tarde a iso das 16:00 horas.




http://acddorna.org/blog/upload/A%20por%20elas.jpg
A por elas e ...



E antes, o luns día 10, se a nortada o permite, iremos darlle umha boa man de pintura ao Rei do Mar. Quen teña a tarde dispoñíbel, xa sabe, roupa vella e mans dispostas!!




Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 23.05.2013 07:53 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous