Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Novembro 2011 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30

Administrador

Aliviando os barcos

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 28.11.2011 22:13

Mentres uns estaban na asemblea da FGCMF e outr@s no Tamanaco cos preparativos da cea da noite, uns cantos que pasabamos por alí estivemos movendo dornas na nave de Vilaxoán.

Agora mesmo só quedan por chegar á nave o Unicornio e a Nova Ángela. Por certo que o Unicornio está no peirao de Cabodeiro, así que ninguén se alarme por non velo no Bao.

Pois alí estivemos acomodando algunhas dornas no escaso espazo que vai ficando e, xa postos, aliviámo-lo peso das nosas grandes: quitamos empanetados, risóns, velas, cabos, paos e remos da Nova Marina e da Peza de Rabo.

No labor de subi-los paos ó primeiro andar houbo que usar dúas brigadas de traballo: os encargados de amarrar ben os cabos ó pao e @s que o levantarían dende arriba. Todo foi un visto e non visto.



http://acddorna.org/blog/upload/pao_pesa_abaixo.JPG
O pao da Pesa abaixo



http://acddorna.org/blog/upload/pao_pesa_arriba.JPG
O pao da Pesa arriba




O mesmo co da Nova Marina:

http://acddorna.org/blog/upload/pao_nmarina_abaixo.JPG
Preparados, listos,...






http://acddorna.org/blog/upload/pao_nmarina_arriba.JPG
...xa






http://acddorna.org/blog/upload/remo_arriba.JPG
Luis e Mónica facendo estiramentos





http://acddorna.org/blog/upload/vela_arriba.JPG
Tamén a vela da xeiteira subiu para compartir andar cos paos e empanetados




http://acddorna.org/blog/upload/ris%F3n_nmarina.JPG
Así está o risón da Nova Marina



Como o lastre pesaba moito ( os bloques da xeiteira son de 50 quilos ) non hai fotos: había que usar todas as forzas presentes para semellante operación.

Os barcos grandes quedaron agradecidos e leves para pasa-lo inverno.


http://acddorna.org/blog/upload/lastre_pesa.JPG
Sacos de seixos da Pesa que leva xunto con bloques de chumbo.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Cea Dorna-FGCMF, homenaxe a Pablo Carreira e II Premios Podrén

Categoría: Cea
Enviado: 27.11.2011 23:25

Non houbo que esperar moito para poder escoitar ó grupo de música tradicional da ACDDorna na cea do sábado.

http://acddorna.org/blog/upload/m%FAsicos%20antes.jpg


A xente non parecía ter présa en sentarse á mesa, o que aproveitaron Paco, David, Santi, Noa e Lino para ir afinando gaitas, situarse detrás de cadanseu instrumento e así dar comezo á cea de fin de tempada de Dorna que, como xa sabedes, compartimos coa FGCMF e compañeiros doutras asociacións de vela tradicional que queiran asistir .


http://acddorna.org/blog/upload/QUECA%20E%20SANTI%20CEA.jpg
Entre Vigo e Santiago, a Arousa queda


http://acddorna.org/blog/upload/IOGUI%20DE%20MARACAS.jpg
Aportación musical de Iogui


Mais, este ano, a cea tiña un compoñente especial: o agradecemento por parte de tódala familia mariñeira galega do labor de Pablo Carrera ao fronte do Museo do Mar de Vigo e, asemade, do seu recoñecemento por ter sido un gran colaborador e dinamimizador da cultura marítima tradicional.

http://acddorna.org/blog/upload/Pablo%20so%20....jpg
Pablo Carreira


Destacar a asistencia de Dionisio Pereira, Bernardo Maiz, Gerardo Triñanes, Luis Rey, Paco Fernández Rey, Bedoya, Fernando Piñeiro e de representantes de asociacións como Clube do Mar de Ferrol, Calmoseira de Cambados, de Bouzas, amigos do Museo do Mar, Grupo Etnográfico Mascato, Lajareu de Ribeira, Clube Marítimo Marisma da Ramallosa, Clube Mariño a Reiboa de Combarro, Amigos da Dorna Meca do Grove , Rabandeira de Vilanova, Mar da Pedra de Aldán.


http://acddorna.org/blog/upload/Pablo%20con.jpg
Pablo entre Luis Rey, Gerardo Triñanes , Paco Fdez. Rey ...


Rematando a cea comezou o acto de homenaxe a Pablo cunha xenial presentación audiovisual realizada por Susa e Bea, na que se mostraban distintos momentos da súa faceta pública ao fronte do MdM.


http://acddorna.org/blog/upload/V%CDCTOR%20E%20PABLO1.jpg
Víctor dirixindo o recoñecemento a Pablo


A continuación, Víctor, presidente da Federación, fixo lectura de dúas mensaxes de adhesión á homenaxe: unha, de parte de Lino Lema da Consellería do Mar e outra, da Asociación Albaola, que lle enviou unha boina tamaño euscaldún, que Pablo luceu o resto da noite.


http://acddorna.org/blog/upload/EUSCALD%DAN%20PABLO.jpg
Pablo mostra o agasallo recibido da Federación


Por último, nunha clara alusión para que seguira a navegar canda nós, e sen perde-lo rumbo, recibiu por parte da Federación o agasallo dun compás de marcación.

Pablo agradeceu emocionado o recoñecemento de tódalas asociación presentes e ofreceuse a seguer colaborando con elas, non importa onde estivese.




E inmediatamente despois deu comezo a Velada dos II PREMIOS PODRÉN.

Como na pasada edición, o guión, a dirección e a presentación correron ao cargo de Susa e Bea que luciron para a ocasión as súas mellores galas.

http://acddorna.org/blog/upload/untitled.png
Susa e Bea elegantes e orgullosas presentadoras da gala


Os nervios, as palpitacións, empezaron a se evidenciar entre @s comensais, nuns casos por defecto e noutros por exceso de cobiza.

http://acddorna.org/blog/upload/uxio2.jpg
Premiados e non premiados, todos sorriron



E mentres así estabamos, Uxío, nun alarde propio dun campión da perífrase, aproveitou para facer un soliloquio de agradecemento, no nome da ENT, ao traballo de Claudio, o da Maristela, que ándanos a poñer a punto o motor do noso Rei do Mar.
Grazas Claudio e parabéns.


O primeiro premio podrén foi para a armadora do ano, Belén de Caldas quen, agradecida, dixo pensar que o merecía.
Noraboa, rapaza!



http://acddorna.org/blog/upload/QUECA%20FACHENDOSA.jpg
Queca móstranos o agasallo recibido polo premio podrén á muller que nunca dá navegado porque hai que acarretar dornas



Claudio subeu de novo ao escenario para recibir o premio Viagra por ser, da escola, o único home capaz …
de poñer a punto o motor do galeón. Bravísimo Claudio!


http://acddorna.org/blog/upload/BRAULIO%20DO%20IRM%C1N.jpg
Braulio recolle o galardón no nome do seu irmán Geno. Non lembro a que viña o premio, pero ... algo faría


Lino, que recibiu o premio podrén Macgyver, manifestou que pensaba devolver o premio: unha peza de porcelana esmiuzada.
Iso si, tamén dixo que antes recompoñería a desfeita pegando os anacos un a un. Nada se te resiste, campión!


http://acddorna.org/blog/upload/RICARDO%20EMBORCA.jpg
Emborcou ou non emborcou a "Josefa"? Ricardo recolle o seu premio podrén


Salva, o noso dire e ”salvabarcos” da escola, recibiu como agasallo un achicador dun tamaño así coma para un falucho de Bouzas.
Parabéns! Por fin recibe asistencia no seu traballo.


http://acddorna.org/blog/upload/SALVA%20ACHICADOR.jpg
Salva pedindo o manual de instruccións


Uxío recibiu o premio podrén ao ”poeta máis poetoso” , pola súa revolucionaria contribución ao mundo das letras. O seu “neo-vocabulario” xa está a sentar cátedra.
Noraboa! Xa te-lo “títalo” … de académico da escola.


http://acddorna.org/blog/upload/BEA%20GORRO.jpg
Bea desposta a poñe-lo gorro


E a velada rematou cun autopremio: Premio podrén Gemma Mengual a Bea, rememorando a súa incursión no mundo da natación sincronizada alá polos mares de Combarro.
Parabéns rapaza! Esperamos non volva gañalo ninguén.


http://acddorna.org/blog/upload/LINDA%20GAITEIRA.jpg
Linda gaiteira




Ó final, coma ao longo da cea, o grupo de música de ACDDorna deleitounos coas pezas do seu repertorio tradicional. E ben que o fixeron!



http://acddorna.org/blog/upload/ANXO%20DE%20BOMBO.jpg
O Anxo non desaproveitou a ocasión para darlle ao bombo


Gazas a tod@s e sempre avante, sen desalento. Verémonos por estes os nosos mares.


Poñeremos fotos no Picasa e tamén...


http://acddorna.org/blog/upload/pai%20de%20david.jpg
...no Facebook de Asociación Cultural Dorna
Permalink Comentarios (8) Trackbacks ()

Terreo para a Escola de Navegación Tradicional

Categoría: escola
Enviado: 27.11.2011 21:12

No Faro de Vigo de hoxe domingo, na edición de Arousa, ven unha nova interesantísima sobre o futuro das instalacións da ENT.

Parece que vaise facer unha proposta de modificación do PXOM da Illa de Arousa para a recalificación dunha parcela de 3.888m ó carón do restaurante Oasis, onde irían tanto Piragüismo como Dornas a vela.

A ver que di o informe de impacto medioambiental, pero se todo vai ben, a Escola podería ter por primeira vez unhas instalacións propias no mesmo entorno do Bao, só que mirando ó Grove, en ves de a Vilanova.


http://acddorna.org/blog/upload/carrilbici.JPG
O terreo que ocupamos agora pertence a Costas
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Último aviso a navegantes

Categoría: Cea
Enviado: 24.11.2011 00:02

Para tod@s aqueles que inda non se anotaron á cea no Tamanaco: non queremos ser pesados, pero é que o venres temos que darlle ó restaurante o número definitivo de comensais..., así que tendes o xoves 24 de último día para apuntarvos.


http://acddorna.org/blog/upload/Cea_2009.JPG
Unha imaxe da cea do ano 2009. Foto: Manuel

Para anotarse chamar ó teléfono 986524845 ou mandar e-mail a fgcmf@culturamaritima.org
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 5
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 26.05.2013 06:27 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous