Enviado: 30.12.2011 09:28
Onte, xoves 29 de decembro, unha representación da FGCMF asistíu ó pleno do concello de Vilagarcía para volver lembrar ó alcalde a obriga de cumplir co pago da débeda que ten cos Encontros de Carril-2011.
No Faro recóllese de forma completa esta nova co titular Fole volve ignorar os encontros.
Como o pleno era de carácter extraordinario, non había punto de preguntas nin de intervencións para poder expoñer a nosa postura, inda que estivemos portando carteis nos que viña escrito " todos cumprimos co encontro menos o concello " e así indicar moi craramente que o concello de Vilagarcía é a única parte do comité organizador que non aportou o que estaba comprometido e que é responsable das consecuencias que este feito vai traer.

Imaxe de Salgado que ven no Diario de Arousa

Esta imaxe ven no Faro. Foto de Iñaqui Abella
A representación da FGCMF permaneceu no pleno unhas tres horas. Nun momento deste, cando se estaba a debater o presuposto e os voceiros da oposición falaron na rolda de intervencións, fixeron mención da nosa presencia e instaron ó alcalde a que cumprira co compromiso que tiña co encontro.
Na Voz de Galicia e no Diario de Arousa recollen de xeito moi breve a noticia.
A postura da FGCMF segue a ser firme e a de continuar tomando medidas para que se faga xustiza.




