Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xaneiro 2012 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

Máis imaxes de Mörling

Categoría: persoeiros
Enviado: 30.01.2012 17:02



Se premedes na imaxe veredes o vídeo recomendado por Anxo Angueira e que completa o que realizou Trepat.



http://acddorna.org/blog/upload/Ons.jpg
A realización deste vídeo é de Diego Torres, baseada nas películas de Mikael Mörling.



Aurelio, o sogro de Staffan Mörling, navegando na súa dorna, Leonisa, conforma un auténtico poema visual.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Mörling na televisión catalana

Categoría: persoeiros
Enviado: 29.01.2012 00:29

Tal como viña anunciado no blog da FGCMF, este venres emitiuse na Televisió de Catalunya, dentro dos documentais de Thalassa, un vídeo sobre Staffan Mörling titulado Staffan Mörling, el suec de l´illa d´Ons. Dura 18´.

O vídeo fala da vida de Mörling na illa nos anos 60, acompañándoo coas películas que o seu irmán, Michael, gravou nesa época. As dornas e a vida cotiá están presentes no documental. Pero ademais quérese facer fincapé no vínculo e compromiso de Mörling coa cultura marítima do noso país: os estaleiros de Purro son un exemplo. Durante uns segundos saen imaxes da Nova Marina tripulada por xente da escola.


Se premedes na imaxe poderedes velo.


http://acddorna.org/blog/upload/1174328232morling_c.jpg
A realización deste documental é obra de Josep-Antón Trepat
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

O Rei, o tangue e o cesto

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 21.01.2012 22:31

Da última convocatoria que se fixera no Rei do Mar quedaran dous puntos da orde do día aprazados: toma-la medida para a enxarcia e encaixar un depósito de combustible máis grande.

Para realizar estes traballos pendentes, o Rei tróuxose dende o morto onde está fondeado ata o Cantiño, ultimamente o noso centro de operacións.

Comprobamos que o baldeo que se lle dera ó barco non durou moito: as javotas fixeron maghas estes días.



http://acddorna.org/blog/upload/pi_javotas.JPG
Salva vai facer unha denuncia



O primeiro traballo foi sacar a tapa do ghuarda-calor, onde vai o motor do barco



http://acddorna.org/blog/upload/pi_caix%F3n.JPG
Descubrindo intimidades


Inda que dende o peirao non se vía, ó lado do motor vai un depósito de combustible cilíndrico que ten unha capacidade pequena, según cren Salva e Lino



http://acddorna.org/blog/upload/pi_buratomotor.JPG
Moito traballou eiquí Claudio¡


Arriba, no peirao, agardaba o novo depósito, dende agora tangue,
arousán dixit.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue.JPG
É de aceiro inoxidábel e pertenceu a unha planadora



Pero o tangue resultou ser máis grande e non cabía por máis que se tentou.

http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue_atascado.JPG
Cálix, Juan e Lino dende o interior





http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue_atascado1.JPG
Non houbo maneira



A partir deiquí comezou unha interesante rolda de intervencións sobre as medidas dos tangues, a súa capacidade e que facer. Ata chegouse a usar calculadoras.



http://acddorna.org/blog/upload/pi_tangue_atascado2.JPG
Mentes pensantes




Dende o peirao escoitábase e tamén opinábase.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_peirao.JPG


Quedouse en conservar o tangue que xa había e ter un bidón a maiores para o caso de facer travesías longas ou remolcadas.




http://acddorna.org/blog/upload/pi_ciclistas.JPG
Ata uns ciclistas que pasaban polo Chufre interesáronse polo que alí acontecía.




Unha vez que o tema do tangue quedou resolto, pasamos a medir os cabos que teñen os paos para encargar os cables da enxarcia. Había que medir dende cada un dos paos, a estribor, a babor, e tamén dende o pao de proa ata o extremo do bauprés.


O encargado de ir ata arriba dos paos foi o noso valente dire, quen embarcou no cesto que leva a pluma do camión de Lino.



http://acddorna.org/blog/upload/pi_cesto_salva.JPG
Se hai que facelo, faise...




Dende abaixo impresionaba


http://acddorna.org/blog/upload/pi_cesto%20salva_popa.JPG
Salva nas alturas, ó carón do pao de popa



Abaixo estaban os encargados de toma-las medidas, tanto a babor como a estribor.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_cesto_abaixo_popa_estribor.JPG
Javi e Juan ó costado de babor



Eiquí tedes a secuencia do paso do pao de popa ó de proa:


http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa1.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa2.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa3.JPG

Bravo, trapecista¡



Abaixo observaban con atención, non fora ser.

http://acddorna.org/blog/upload/pi_popaproa_abaixo.JPG
Calixto e Juan non perden detalle



A última medida que se tomou foi a que vai ata o extremo do bauprés dende o pao de proa. Houbo que aproxima-lo barco ó canto do peirao.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_baupr%E9s1.JPG
Javi encargouse de fixar o metro





http://acddorna.org/blog/upload/pi_medidas.JPG
Estes son os resultados das medidas



O noso dire pousou felizmente no chan.


http://acddorna.org/blog/upload/pi_salva_terra.JPG
Só comentou que arriba ía moito frío




Ademais de todo o anterior, Lino e Paco estiveron facendo na tapa do rancho do pao de proa o burato correspondente



http://acddorna.org/blog/upload/pi_rancho_enfogonadura.JPG




http://acddorna.org/blog/upload/pi_rancho_feito.JPG
Así quedou


Ó rematar tódolos traballiños foise co barco botar gas no mesmo Chufre e posteriormente amarrouse ó morto onde se atopa ultimamente, ben protexido por barcos bateeiros.





Coñecimos a un novo veciño do Cantiño que nos veu facer compañía. Só quere mexillóns e un pouco de cariño

http://acddorna.org/blog/upload/pi_mikis.JPG
Mikiños
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

A dorna das mulleres

Categoría: patrimonio
Enviado: 19.01.2012 18:03

Estes días estamos vendo nas noticias a traxedia do cruceiro Costa Concordia e o comportamento moi pouco edificante do seu capitán. Sería bo lembrar, relacionando traxedias, á que tivo lugar hai 91 anos na illa de Sálvora.

O 2 de xaneiro de 1921, de madrugada e cun forte temporal, un barco denominado vapor-correo, o Santa Isabel , que levaba a unhas duascentas sesenta persoas, na súa meirande parte emigrantes rumbo a América, encallou na pedra de Pegar, a uns 150m do faro da illa de Sálvora. O navío partíu en tres e afundíu rapidamente.


http://acddorna.org/blog/upload/Naufragio%20en%20Salvora.jpg
Sinalado cun x, os baixos de Pegar, onde encallou o barco



Debido ó forte temporal, os homes que saíran a faenar non voltaran e resgardáranse no continente. Na illa ficaran maiormente nenos, mulleres e vellos. Cando se decataron da traxedia, tres humildes dornas polbeiras fixéronse ó mar: unha para avisar no porto de Ribeira e as outras dúas para ir ó rescate das vítimas.

Tres mulleres foron nunha desas dornas e, bogando nunha noite endemoniada durante varias millas, rescataron a unha ducia de persoas. Fixeron un total de catro viaxes.

O balance daquela traxedia foi de 213 persoas mortas e 53 supervivintes.



http://acddorna.org/blog/upload/hero%EDnas%20de%20s%E1lvora.jpg
As heroínas de Sálvora: María Fernández, Josefa Parada e Cipriana Oujo. Tiñan 14, 25 e 16 anos


Nesta ligazón tedes un fermosísimo e documentado relato dos feitos escrito por Luis Teira e publicado no nº 4 da revista Ardentía.


Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 18.05.2013 12:53 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous