Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xaneiro 2012 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

O próximo sábado, o san Xulián

Categoría: actividades
Enviado: 01.01.2012 17:46

O día 7 de xaneiro celébrase o San Xián na illa de Arousa, como dicir "a nai de tódalas festas". Cando parece que o corpo non pode asimilar máis comidas, ceas, trasnoitadas,... na Arousa cantamos, bailamos, comemos e bebemos no san Xián.

Este ano queremos prever a comida dese día e por iso que vos comunicamos que despois da festa da mañá ( xa sabedes que comezamos pola zona do Cantiño) temos praza no bar Mexillón, que está ó lado do concello, para alí repoñer forzas e continua-la troula pola tarde-noite.

O menú que nos oferta é o seguinte:

1º-Tortilla, empanada, croquetas, langostinos

2º- (a escoller) Galo da casa...Xamón asado...Carne ó caldeiro

3º-Postre caseiro


Viños e licores


Total:20€

A que presta?



Se vos queredes anotar, chamade mañá luns a Uxío ou a Paco ( o anterior amo do bar Porto) e confirmádelle o menú que preferides.

E para o pagamento, o martes como máis tardar.

E xa como último punto a lembrar, se ese día chegades tarde á festa da mañá, a comida será ás 16h


http://acddorna.org/blog/upload/arousa%20e%20gidoiros.jpg
A illa de Arousa
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 19.05.2013 22:44 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous