Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Febreiro 2012 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29

Administrador

Proa firme

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 26.02.2012 15:25

Como estaba previsto da xornada anterior, o venres volvimos ó Rei do mar para seguir con dous temas relacionados co que se falara o xoves: preparar os paos para que reciban as velas e doutra banda afirmar o extremo do bauprés de proa ó estabán e ós costados do barco.


O Rei atópase na rampa do Cantiño que está pola banda do muelle dos Carcamáns.



Houbo moito traballo de preparación previa.



http://acddorna.org/blog/upload/bota_salvapaco.JPG
Salva e Paco, preparando o cable que vai dende o bauprés ata o estabán




http://acddorna.org/blog/upload/bota_piquero.JPG
Lino, listo para furar




No interior do barco tamén había choio.


http://acddorna.org/blog/upload/bota_calixjuan.JPG
Calixto e Juan dando pintura protectora ó formigón, na popa





Con nós estivo Ramóné, o noso veleiro, quen andivo facendo as gasas para as drisas.


http://acddorna.org/blog/upload/bota_ramon%E9.JPG
Ramoné



O que máis tempo levou foi o traballo de preparación e colocación dos cables que van dende o bauprés.




http://acddorna.org/blog/upload/bota_pacobaupr%E9s.JPG
Paco agarrando ó touro polos cornos



http://acddorna.org/blog/upload/bota_javichave.JPG
Javi manexando a chave inglesa



http://acddorna.org/blog/upload/bota_posta.JPG
Lino e Paco tomando medidas para o babor



Así quedou visto dende estribor.

http://acddorna.org/blog/upload/bota_estribor.JPG
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

De novo ao Cantiño

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 24.02.2012 08:41



( Crónica e fotos de Juan de Cambados, un dos irreductibles do Rei do Mar )




http://acddorna.org/blog/upload/Rei%20a%20varar.JPG
O Rei do Mar de volta ó Cantiño




Esta vez o ferreiro debe colocarlle a parte do estabán que lle falta na roda da quilla; Adelino e Salva, ver de deixar claro cantos furos e onde se han facer aos paus, para pasar as trallas que suxeitarán os distintos motóns, antes de erguelos de novo á súa posición. Os cables para estais e obenques xa están listos para colocar, -caros, si; pero... éche o que hai-.


http://acddorna.org/blog/upload/Hai%20que%20po%F1erlle%20pletina.jpg
Decidindo co ferreiro




Como Adelino é o piquero habitual do Rei do Mar en prácticas, decidiuse que o mellor será que Salvador e Juan vaian falar con Ramoné; pois, na de Ramoné, pasa coma na dorna: sábese a que hora se sae ao mar; non, a que hora se volve...



http://acddorna.org/blog/upload/Analisando%20planos.jpg
Ramoné e Salva analisando os planos no taller de Cornazo



http://acddorna.org/blog/upload/Xulio%20e%20Salva.jpg
Xulio e Salva

E no Cantiño, cando remate o ferreiro, haberá que levar ao Rei do mar ao seu punto de fondeo.

Uxío, mentres, levou as varas que se recolleron do mar, onde estaban a remollo, para o Vao, para comezar a preparar varas de portar, vergas, e ata un mango para o bicheiro.





http://acddorna.org/blog/upload/A%ED%20est%E1n%20as%20varas.jpg
As varas volven á terra





http://acddorna.org/blog/upload/Varas%20no%20carro.jpg
No carro que as transportará ata o Bao



A iso das 20:00 decidimos que había que ir para a casa, pois as dúbidas seguían e mañá será outro día. Xa se verá o que se fai cos apuntes e medidas que se tomaron no taller de velaría. Mañá, venres, agárdanos outra tarde de traballos no Rei.



Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Albanelería mariñeira: o encalichado

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 18.02.2012 21:11

Cabodeiro, venres 17 de febreiro, 16h.

O Rei do Mar atracado na banda do norte.

http://acddorna.org/blog/upload/cali_rei.JPG

No peirao, unha formigoneira, sacas de area, sacos de cemento, pas, caldeiros,... Semellaba que ían ampliar o muelle.

Mais non. Trátabase de facer masa para botar na sentina do galeón e así mantelo estabilizado, algo imprescindible para a navegación.

¿Por que cemento? Cuestión de cartos: o chumbo é millor pero vai moi caro, así que non hai outra que arremangarse e tirar do lombo.

O peso requerido era nada menos que de tres toneladas, polo que precisabamos de tres sacas de area xunto coa cantidade proporcional de cemento para face-la masa: sete partes de area por unha de cemento.




http://acddorna.org/blog/upload/cali_sacos.JPG
Cada unha das sacas de area pesaba unha tonelada



http://acddorna.org/blog/upload/cali_cemento.JPG
Eiquí os sacos de cemento



Para facer a masa de formigón precísase auga: como a area non tiña metal, botouse auga do mar.

http://acddorna.org/blog/upload/cali_caldeiro.JPG
Collendo auga


O coñecemento e a formigoneira aportounos Luis Oubiña.

http://acddorna.org/blog/upload/cali_luis.JPG
O especialista en plena faena



http://acddorna.org/blog/upload/cali_uxioluis.JPG
Na espera de reforzos, Luis e Uxío comezan o traballo



Outro entendido en materia de construción é Lino, quen trouxo o seu benquerido camión coa pluma.


http://acddorna.org/blog/upload/cali_parala.JPG
Organizando o traballo


O barco estaba desarborado e houbo que pousa-los paos á banda para que non estorbaran no vertido do formigón no interior.



http://acddorna.org/blog/upload/cali_retirarpaos.JPG
Salva, Uxío e Lino retirando o pao


Arriba, no peirao, xa había masa feita.


http://acddorna.org/blog/upload/cali_1%BAmasa.JPG
Primeira meda de formigón



Para que a masa fora vertida na sentina do barco, tiñamos un cono que Lino ía manexando coa pluma do camión.


http://acddorna.org/blog/upload/cali_escaleiras.JPG
En suspensión


Unha vez que este cono recibía unha cantidade axeitada de masa da formigoneira, desprazábase ata a camareta onde vertíase sen máis contemplacións. Procurábase manchar o menos posible.


http://acddorna.org/blog/upload/cali_camareta.JPG
Manuel, recén chegado de Santander, participou nos traballos de encalichado



O proceso repetiuse varias veces.

http://acddorna.org/blog/upload/cali_botamasa.JPG
Lino& Lino "paleando"



Na sentina da camareta, Luis encargábase de extender a masa.

http://acddorna.org/blog/upload/cali_sentina.JPG




De cada vez calcúlase que se botaban sobre cen quilos.


http://acddorna.org/blog/upload/cali_botandomasa.JPG
"Ghomitando"





A formigoneira seguía a traballar, inda quedaban moitas piadas por facer


http://acddorna.org/blog/upload/cali_javi.JPG
Javi alimentando á formigoneira


http://acddorna.org/blog/upload/cali_ana.JPG
Ana acercouse e axudou a coller auga





No rancho de popa repetiuse a vertedura.


http://acddorna.org/blog/upload/cali_ranchopopa.JPG
Lino afirmando e centrando




Na sentina de popa traballaban Salva, Calixto e Juan

http://acddorna.org/blog/upload/cali_sentina_popa.JPG
Calixto avisa ó xefe para que lle sorría á cámara




http://acddorna.org/blog/upload/cali_sentinapopajuan.JPG
Juan acomodándose





http://acddorna.org/blog/upload/cali_sentina_camareta.JPG
Así quedou a sentina da camareta co formigón estendido




O traballo, moi resumido, foi este.

Levou toda a tarde deste venres de antroido.

Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Da Irmandiña e do Rei

Categoría: embarcacións
Enviado: 14.02.2012 22:01

No Bao nótase dende hai unha semana a ausencia da única embarcación que ficou durante este cru inverno amarrada nun morto, a Irmandiña. ¿Onde foi?

Pois para a súa terra, O Grove.

O mércores pasado, Uxío remolcouna ata os estaleiros de Garrido onde quedou en dique seco. Previamente falouse con eles para subila. O día seguinte, voltou para preparala: lavou e quitou empanetados e demais deixándoa lista para pasar o que queda de inverno.

Alí permanecerá ata que, nunha reunión que fagamos proximamente, decidamos se a seguimos tendo na escola.


http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_irmandinha.jpg
Fermosa imaxe da Irmandiña navegando nos mares de Cangas nunha das rutas que fixemos con ela


Nesta ligazón tedes un vídeo de Ramón Recarei, publicado hai pouco en youtube, sobre a construción e botadura da Irmandiña de cando foi concebida para realizar unha travesía transatlántica.






Convocatoria para o Rei do Mar


Para este venres 17 de febreiro temos cita co Rei no Cabodeiro para botarlle o encalichado. E que ven sendo o encalichado? Pois o cemento que vai facer de lastre para favorecer a súa estabilidade. A sentina do barco será o lugar onde será depositado.

Lembrade, no Cabodeiro a partir das 16h.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 23.05.2013 02:07 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous