Enviado: 09.02.2012 09:57

Foto de J.L.Oubiña
Nesta imaxe, publicada hoxe no Faro de Vigo na sección de Arousa, aparecen membros dos Rompetimóns con invitados de navegación nos encontros de Carril-2011, a bordo do galeón Illa de Cortegada. Os Rompetimóns foron coorganizadores dos Encontros, xunto coa FGCMF e o concello de Vilagarcía. A foto acompaña a nova da convocatoria dunha xuntanza dos colectivos da FGCMF para o día 3 de marzo, sábado.
Os puntos do día, según se deduce da noticia, son;
-Folla de ruta de mobilizacións para que se pague a débeda dos encontros de Carril-2011.
-Debate sobre a viabilidade dos próximos encontros do 2013.
Eiquí tedes a ligazón do xornal
E, nesta outra, os posts do noso blog sobre as mobilizacións, escritos e medidas que se tomaron dende que este impago por parte do concello de Vilagarcía foi manifesto.
No blog da FGCMF, o estado no que se atopa o peche do X Encontro.



