Categoría: encontros
Enviado: 30.03.2012 19:55
A
FGCMF ven de enviar ós colectivos información sobre un evento que se celebra polo mes de xullo en
Xixón: o
Arcu Atlánticu. Trátase dun acontecemento cultural que organiza o concello de Xixón e que este ano quere incluír un encontro de embarcacións tradicionais. Un representante dese axuntamento estivo nos encontros de
Carril-2011 e púxose en contacto coa Federación para que participara este próximo verán.
Non se pode concretar moito, pero basicamente estas son as condicións:
- Hai que chegar a Xixón o 26 de xullo ó mediodía para montar todo esa mesma tarde e ó día seguinte estar operativos para navegar ou atender a exposición ( haberá dúas embarcacións en terra )
- O domingo 29, despois da navegación pola mañá, deixaranse as embarcacións preparadas para ser transportadas ó día seguinte.
- A organización, neste caso o concello de Xixón, cargaría con : a
quilometraxe ( tanto d@s navegantes como dos remolques ), o
aloxamento ( en habitacións de liteiras de dez prazas ) e a
comida e cea. Todo aquilo que non entre nestes apartados non será sufragado.
- O número de persoas que estarían incluídas na expedición sería de entre 25 e 27.
Todo o anterior foi no que quedou a
FGCMF coa organización. Agora temos que ver na nosa asociación quen estaría dispost@ a participar e de aí, según a demanda, a Federación disporía das prazas para os colectivos. Ídeo pensando e proximamente poñeremos un enderezo electrónico para anotarse.
Esta é a "sablera" ( en galego praia ) de Poniente, onde estarán as embarcacións galegas