Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Marzo 2012 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

Armando vela

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 07.03.2012 22:25

Esta tarde pódese dicir que comezou a conta atrás para a botadura do Rei do Mar. Hoxe armouse unha grande na rampa de atraque habitual no Cantiño.

Os previos de tal acontecemento hai que buscalos no Bao, onde Salva e Lino foron cargar as verghas e as varas para o Rei.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_cargando_bao.JPG





Mentres, o galeón permanecía á espera.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_reflexo.JPG




http://acddorna.org/blog/upload/vela_drisas.JPG
As drisas tamén estaban impacientes







Ademais dos nosos incombustibles patróns, á rampa chegaba puntual Ramoné, o noso veleiro.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_ramone_salva.JPG


A bordo do seu auto traía a que vai ser a vela do pao de proa. Esta vela fíxose sobre a que levou nos primeiros tempos a xeiteira, a Nova Marina. Nas imaxes vese o trapo novo que se lle engadíu, máis branco.






A vela foise desencartando pouco a pouco.



http://acddorna.org/blog/upload/vela_despregando.JPG


Ramoné comentou que as velas de relinga nos galeóns deixáronse de usar hai moito tempo, e que o feito de armar este tipo de vela no Rei do Mar era histórico.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_foto_gale%F3n.JPG
Sempre leva a imaxe deste galeón navegando con vela ( velasa máis ben ) de relinga no porto do Berbés en Vigo






Empezaron as labores de enverghadura da vela.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_penolpopa.JPG
Comezouse pola proa da vergha





Para enverghar utilizouse o sistema "culebrín", Ramoné dixit.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_enverghando.JPG



Por último chegamos á popa.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_penolProa.JPG
Lino amarrando ben






Pasamos ó arrastre da vela comezando pola amura


http://acddorna.org/blog/upload/vela_amura.JPG






Agora veñen as drisas, que como veredes nada que ver co que tiñamos ata o de agora na escola.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_colocando_drisas.JPG




http://acddorna.org/blog/upload/vela_colocando_drisas_popa.JPG







E esta foto que ven a continuación corresponde ó amarre do estrinque.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_estrinque.JPG








Como xa estaba todo disposto para subir vela, procedeuse a aproar ó barco. Eiquí Lino, xuíz e gaiteiro, tivo un papel fundamental.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_aproando1.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/vela_aproando2.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/vela_aproando3.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/vela_aproando4.JPG








E, xa aproado, vela arriba.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_subindo1%AA.JPG





http://acddorna.org/blog/upload/vela_subida1%AAarriba.JPG
Esta foi a primeira tentativa






Pero os que saben non quedaron conformes: a vergha non estaba ben inclinada.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_salva_ramonet_mirando.JPG
Hai que baixala



Había que cambiar o punto de amarre das drisas na vergha.


http://acddorna.org/blog/upload/vela_1%AAcorrecci%F3n.JPG
Paco e Salva corrixindo






E, de novo, vela arriba.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_2%AAsubida.JPG






Desta vez si que houbo aprobación. O arrastre, se cadra, un pouco alto.

http://acddorna.org/blog/upload/vela_2%AAsubidaarriba.JPG
Moita emoción e alegría



http://acddorna.org/blog/upload/vela2%AAsubida_vergha.JPG
Detalle da vergha e da diferenza entre o trapo antigo e o engadido






E como di a cantiga, "...os mariñeiros d´Arousa arman vela e arman vela..."


http://acddorna.org/blog/upload/vela_final.JPG






Mañá, xoves, no mesmo lugar e a iso das 16:30, vaise armar a vela do pao de popa. Probablemente haxa navegación. Quedades convidad@s


Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

Reunión urxente en Vilaxoán

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 07.03.2012 19:58

http://acddorna.org/blog/upload/brest2012.jpg

Este próximo sábado, 10 de marzo, haberá unha reunión en Vilaxoán de tódol@s que estades anotad@s para ir a Brest para clarear tódalas dúbidas e organizar o tema da estadía nas residencias. Lembrade que o prazo para apuntarse remata este domingo 11 de marzo.

Se non podedes asistir, poñervos en contacto con alguén que si pode ou ben con Bea ou Salva.

Hora da reunión: 17h.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 23.05.2013 22:02 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous