Enviado: 22.03.2012 22:51
O vento desta tarde foi moi cativo, de feito cando voltamos a terra había encalmada, pero inda así o Rei do Mar inflou velas e navegou dende o Cantiño ata o canal da ría.
A velocidade acadada foi de 3.4 nós e algúns patróns queixáronse da falta de vento xa que un barco coma este pide forza, máis cando do que se trata e de ver como traballan as velas e as verghas ( estas inda son de proba ) Pero de todos xeitos a travesía resultou un éxito e puidemos facer moitas fotos dende a planadora Encarnación que guiaba Lino.
E como o movemento do galeón hai que demostralo navegando, tamén temos un vídeo para que vexades o ben que vai.
Premede na imaxe para velo.
Salva, o próximo día mandamos un escrito a Eolo
No seguinte post poderedes ver un feixe de fotos da navegación desta xornada.



