Enviado: 25.03.2012 23:18
Por fin comezaron os traballos de mantemento e reparación na nave de Vilaxoán. Este pasado venres houbo actividade por parte dun grupo de voluntari@s guiad@s por Uxío.
Hai algúns traballos de carpintería avanzados nalgunhas embarcacións.
Un exemplo é o Unicornio que xa foi recravado.
Vista da popa
Un costado: esa masa que vai por riba das puntas é de poliéster
No racú estase a colocar o estabán de aceiro.
E algunhas dorniñas que precisaban reparación están sendo atendidas.
É o caso da Chati
Para o traballo de grupo pasamos a preparar a xeiteira. Xa sabedes que precisa dunha boa reparación. Primeiro, axudándose das rasquetas, lixáronse a zona das puntas dos costados do barco para que se recraven noutro momento.
Calixto, Queca, Javi e Helena facéndolle cóxegas á Nova Marina
Despois había que baldear e limpar a cuberta.
Xa dispoñemos de auga que moi amablemente cedeu un veciño da nave
Ese elemento tan indispensable
Algo de xabrón para limpar de lodo
A Peza de Rabo tamén recibiu a súa ración de auga.
Patri, que anda a facer un deseño para a bodega do Rei do Mar, tamén estivo en Vilaxoán adiantándonos o seu proxecto e as súas ideas para o galeón. Como ten que presentalo ó carpinteiro e ó nosos dire, esperamos a que sexa aprobado para publicalo.



