Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Abril 2012 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30

Administrador

Asemblea da ENT Dorna

Categoría: escola
Enviado: 28.04.2012 21:46

http://acddorna.org/blog/upload/asemblea_ent_dorna_janeiro.jpg
Como vedes, ainda que dispoñemos dun ring, nunca chegamos ás mans...

O próximo sábado 5 de Maio teremos unha importantísima xuntanza da Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna(repartimos beneficios, he he). Falaremos de todo canto queirades, ademais dos puntos marcados na orde do día.

DATA: 5 de Maio
LUGAR: Escola de Pau
HORA: 18.00 horas.
ORDE do DÍA: Programa de Actividades 2012
Inauguración de tempada, 17 de Maio
Informe sobre o avance de obras no Rei do Mar
Estado de contas
Proposta de financiamento da ENT


Como vedes, son puntos abondo importantes como para emprestarlle unha pisca de atención e facer propostas.

Se asistides podedes opinar, se non, teredes que achantar co que decidamos as persoas presentes e iso é moi moi moi perigoso. Cantas máis esteamos, mellor. E sempre podemos tomarlle algho despois...

NOTA: Avisade a quen só navegue no mar e non na internet.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Do nacemento á foz: Canoa de Tolda do Brasil

Categoría: embarcacións
Enviado: 22.04.2012 22:45

Máis unha vez de Luís Antõnio Vellez , ó través do seu FB, achegásenos este fermoso documento sobre a Canoa de Tolda, barco de transporte fluvial que percorre o río San Francisco en Brasil.
No documental dase conta das principais características tipolóxicas desta embarcación e da recuperación dunha delas, a "Luzitânia", polo IPHAN (Instituto do Patrimônio Histórico e Artístico Nacional)

http://acddorna.org/blog/upload/canoa-tolda.jpg
Premede na imaxe para ve-lo vídeo
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Voluntari@s

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 21.04.2012 20:50

Tarde de sábado en Vilaxoán. Un grupo de xente coincide a iso das 17h para facer un traballo de mantemento e recuperación de varias tipoloxías de embarcacións tradicionais do noso país. Son voluntari@s que adican parte do seu tempo en que a memoria do mar que gardan estes barcos siga viva. E fanno porque cren firmemente en que é un traballo de futuro.



Non están tod@s, están os que foron hoxe, pero somos moit@s máis.





http://acddorna.org/blog/upload/vi_h%E9ctor.JPG
Héctor pintando o Unicornio



http://acddorna.org/blog/upload/vi_helena.JPG
Helena dándolle protector ó timón da Peça de Rabo



http://acddorna.org/blog/upload/vi_javi_patente.JPG
Javi dando patente á Peça





http://acddorna.org/blog/upload/vi_juan.JPG
Juan co pao da xeiteira





http://acddorna.org/blog/upload/vi_malena.JPG
Malena coa ghalla da Nova Marina





http://acddorna.org/blog/upload/vi_manolo.JPG
Manolo no Unicornio



Gran a gran, sábado a sábado ( e venres tamén ) faise posible o que semella un triunfo contra o esquecemento e o abandono.


http://acddorna.org/blog/upload/vi_grupo.JPG
Ó redor do Unicornio, Manolo, Uxío, Javi e Belén, na proa, Héctor
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

Fotos de Olga

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 11.04.2012 07:11

Da última travesía que fixemos co Rei do Mar, Olga de Malpica sacou unha reportaxe fotográfica que se premedes na imaxe poderedes ver.


Desculpas por non citar a toda a tripulación , eiquí si van estar tod@s, incluída Verónica, unha moza de Xixón que tamén navegou con nós esa tarde.





http://acddorna.org/blog/upload/rei_olga.jpgFermosa imaxe , Olga
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 22.05.2013 16:19 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous