Enviado: 18.05.2012 15:33
Xa comezou a tempada...Onte, no Cantiño tivo lugar o acto do Día das Letras a nosa maneira: no mar. E foi un gran día: festexamos o (re) nacemento de tres embarcacións que van engrosar a nosa flota, o racú O Republicano, o bote de Ribadeo O Unicornio e o galeón Rei do Mar, este último un soño feito realidade.
Ás 11h xa estaban os barcos no muelle do Cantiño acompañados pola Nova Marina, a Peza de Rabo e a Maristela.
No paseo instaláronse un posto de libros da libraría Castelao e outro da FGCMF no que se podían mercar exemplares de Ardentía.
Pouco a pouco foi acercándose a xente ata alí, pero foi o grupo de música e baile da ACDDorna quen deu a saída para que comezara o acto.

Dando a nota
Unha vez chegaron, agardaron na explanada do Xufre.

A continuación, Fáber, presidente de ACDDorna introducíu ós que ían levar a parte literaria: Dionisio Pereira e Anxo da Roxiña.
Dionisio fixo unha presentación de Anxo e da súa novela Iria chea de emoción e de recoñecemento que en breve imos publicar neste blog.

A bordo do Rei do Mar, Dionisio falando e ás súas costas Fáber, Salva e Anxo
De seguido, Anxo falou da súa novela Iria a través dun fermosísimo texto no que reivindicaba a cultura do mar e as singraduras dos galeóns do Ulla dos anos sesenta. Non faltaron os agradecementos á xente da nosa escola. Esperamos publicalo tamén.

Ó rematar, moitos lectores acercáronse para que o autor lles asinara no libro.

Ara foi unha delas
Só coas verbas de Dionisio e Anxo os corazóns dos que alí estabamos enchéronse de orgullo e de emoción. Pero xa sabedes que a xente do mar precisa de acción.
Os músicos de Dorna actuaron na explanada do Xufre e foi un éxito. E baixaron ata a rampla para interpretar o Himno do Antigo Reino.

Simultaneamente, os barcos que ían facer a primeira navegación subiron velas.


Esta imaxe sacámola do facebook da Asociación Cultural Dorna
Agora si, agora comezou a primeira navegación destes novos barcos da escola e, facéndolle os honores, con eles foron a Xeiteira, a Peza e a Maristela.

Na Peza ía Javi de patrón

Na xeiteira, Uxío puxo a bogar a tripulación

Tamén navegou con nós o Xeiteiro de Parada

A Maristela co seu amo e patrón Claudio

O Unicornio con Bea de patroa

No Rei do Mar , Lino e Salva

No Republicano ían Inacio e Santi
Unha vez rematada a navegación, os barcos leváronse ós puntos de amarre no Cantiño, xa que non irán ó Bao mentres non haxa actividade.
A iso das 15:30 comezou o xantar no Chibao. Sobre corenta persoas anotáronse na celebración. O menú, empanada, peixe espada, tarta fría de café e unha sobremesa moi animada. Eiquí tedes algunhas imaxes.



Por suposto houbo música e ata botamos algún baile.



Como ben di a canción: Ogallá estiveras eiquí¡
Nesta ligazón do Facebook tedes unha chea de magníficas fotos desta data.
E no Faro de Vigo ven unha crónica do acontecido.
Na Radio Galega, no programa Aquí Galicia, Salva a partir do minuto 13.
Tamén acompañáronos os Amigos da Dorna Mecacon dúas embarcacións : a Rona e a Laxe de Boibas.



