Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xuño 2012 »
L M M X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30

Administrador

Medidas de seguridade

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 30.06.2012 10:43

Inda que o Rei do Mar sae a navegar, quedan alguns traballos pendentes, traballos que teñen como obxectivo o cumprimento das medidas de seguridade esixidas a un barco destas características.

Este pasado xoves o galeón fixo unha viaxe dende o fondeo do Bao ata o Cantiño para que na rampla deste muelle se lle colocara unha bomba de auga, un dos requisitos que obriga a seguridade.

Alí estaban os traballadores do galeón, onte venres, dispostos para acomodar o dispositivo ó motor do barco.



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga1.jpg
Lino, dende a cuberta asesoraba ós que andaban no motor



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_tres.jpg
Os tres artífices, Lino, Salva e Lino debatindo sobre o tema


As pezas necesarias para a bomba de auga foron meditadas, anotadas e mercadas nos Efectos Navais do Xufre.



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_lino_apuntes.jpg
Lino collendo apuntes


Esta medida de seguridade está destinada ó baldeo do barco, a achica-la auga da sentina ou dunha, esperemos que improbable, inundación no barco e para "picar" ( achicar ) a auga dalgunha embarcación que o precise


http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_peza.jpg
Esta peza é a que distribúe os distintos cometidos da bomba



Tamén protexëronse as correas do motor cunha malla para evitar accidentes cando haxa que manipulalo.



http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_malla.jpg
Para cercar ó ghaliñeiro




http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_mangueira.jpg
E esta é a mangueira do trinque que se vai instalar





http://acddorna.org/blog/upload/bombauga_motor.jpg
Ás 20h do venres, este era o aspecto que tiña o motor: a malla cubre as correas e, na parte superior esquerda, a peza na que se vai axustar a bomba

Hoxe sábado ían continuar de mañá para remata-lo choio e así levar ó Rei de Mar para o Bao.
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

A FGCMF recurre a unha subasta de arte

Categoría: prensa
Enviado: 28.06.2012 08:35

No Faro de Vigo de hoxe, na sección de Arousa, ven a nova da intención da FGCMF de realizar unha subasta de obras de arte para poder pagar a débeda de 20.000€ dos Encontros de Carril-2011, débeda que corresponde pagar ó concello de Vilagarcía, inda que este négase a facelo.
De todos xeitos, a FGCMF vai seguir pedindo este pago ó concello, xa que é esta institución a que ten a obriga de asumilo, porque comprometérase nun pleno no que se aprobou o acordo de finanzamento dos Encontros de Carril.

http://acddorna.org/blog/upload/Fole_encontros.jpg
A foto viña no Faro. Fole, alcalde de Vilagarcía é o segundo pola esquerda. O acto corresponde á inauguración dos Encontros de Carril
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Clasificación da XXVIII Volta a Arousa

Categoría: Volta a Arousa
Enviado: 26.06.2012 21:54

Eiquí vai a relación de dornas por orde de chegada:

Nécora

Jalerna

Bazarra

Cariñosa

Xarandeira

Pereka

Fuxe

A Rona

Zoa

10ª ForzaR

11ª Caracola

12ª Faísca

13ª Zenaida

14ª Amoncha

15ª Treboada

16ª Roxiña

17ª Lara Doce

18ª Xaimiña

19ª Marijuana

20ª Betty Boop

21ª Moura

22ª Mimela

23ª Maristela

24ª Acheron

25ª Rosalía

26ª Laberca

27ª Favorita

28ª Volandeira

29ª Vikinga

30ª Fanequeira

31ª Chati

32ª A Fiuza

33ª Habana

34ª Rabuda II

35ª Maraxe

36ª Nova Froíña

37ª Marilús

38ª Carminha

39ª Ortelinda


Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Crónica e imaxes da XXVIII Volta a Arousa

Categoría: Volta a Arousa
Enviado: 24.06.2012 21:05, Editado: 02.07.2012 11:19


Maricarmen, da Zenaida, non participou na Volta a Arousa deste ano, adicouse a sacar unha morea de fotos, que poderedes ver no álbum de Dorna e escribiu as súas impresións sobre o desenvolvemento da regata

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1opraia.jpg




Onte, sábado, 23 de xuño e véspera de San Xoán, celebrouse na illa de Arousa, a regata máis importante do ano. Bo ventiño de suroeste para facer unha volta rápida. Saída coma sempre do Bao entre unha boia e o barco do xuíz, ás catro e dez da tarde.

Participaron nesta edición trinta e oito dornas, máis da metade de Arousa e outras chegadas dende Ribeira, O Grove, Vilanova, Portonovo e unha de Bouzas (Vigo)



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1osa%EDda.jpg



A regata transcorreu moi rápida xa que o ventiño que facía axudaba bastante. Pasar a punta de Barbafeita foi o máis arduo, sobre todo porque moitas das embarcacións que acompañan ás dornas non se decatan de que, ao acercarse moito a elas, poden desvialas do seu camiño ou co seu ronsel frealas e incluso botalas contra algunha batea como foi o caso deste ano. A estas embarcacións pregámoslle que para o ano, teñan máis precaución e non se acerquen tanto as dornas. Todos imos disfrutar da regata.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1odornas.jpg





Antes de chegar ao Campelo moitas dornas non foron cara a Canle, pois alí levábaas a marea e tiñan que sortear bateas. Metéronse máis a terra. Estas dornas foron logo as millor clasificadas. Houbo unha loita entre elas polos primeiros postos, pero quen sacou moita vantaxe e ía imparable, era a Nécora seguida logo da Cariñosa, Jalerna, Bazarra e a Xarandeira.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o_par.JPG


Máis atrás viñan outro grupo de dornas e, seguíndolle os pasos, todas as demais. O tramo que vai dende a punta do Con dos tres Pés ata o faro do Galiñeiro foi, para algunhas dornas, laborioso, xa que había bastante máis vento e mar ca do outro lado da ría.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1omarexada.jpg



Viñan nun través longo e, despois, un tramo de empopada pechada, que ao chegar ao faro do Galiñeiro era para navegantes expertos.

http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1ocon.jpg




Cando as dornas chegaban ao faro víronse algunhas loitas por conseguir mellores postos, pois o camiño ata a ponte xa era máis relaxado.


http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1oboia.jpg




As dornas pasaron pola pasante e tiñan que chegar fronte a escola de navegación, onde estaba situada a boia de entrada e o barco do xuíz da regata. Entre estes dous tiñan que pasar as dornas.



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1odornas1.jpg


A primeira en chegar foi a Nécora que bateu un récord , pois fixo a volta máis rápida dos últimos anos: levoulle dúas horas e corenta minutos. Un minuto despois entrou a Jalerna; e logo, a Bazarra, seguida da Cariñosa e da Xarandeira.

Salientar que entre a primeira dorna e a última houbo unha diferenza dunha hora.




Como este ano non hai axudas de ningún tipo, déronse ás dez primeiras dornas un pequeno agasallo e, para todas as demais, un pequeno diploma de recordo. Diploma e agasallo moi ben acollidos polos participantes que souberon valorar o esforzo de Patri, a súa deseñadora.



Logo, coma sempre, houbo unha pequena merenda, onde todos os participantes comentaron as incidencias e os detalles relacionados coa regata.



E velaiquí os gañadores, que recolleron os trofeos das mans de Manuel Vázquez, alcalde da Arousa, e de Fáber, presidente da ACDDorna


http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o1%BA.jpg
Primeira a Nécora con Braulio e Harry ( este último non puido recoller o trofeo )



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o2%BA.jpg
Segunda a Jalerna con Carterola e Ricardo



http://acddorna.org/blog/upload/23xu%F1o3%BA.jpg
Terceira a Bazarra con Edu e Larry


Nun próximo post publicaremos a clasificación completa da regata así como un álbum de fotos do evento
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 20.05.2013 17:36 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous