Enviado: 03.06.2012 18:44
Maricarme, enviada especial á Regata do Sepelo, escribíu unha pequena crónica do desenvolvemento da regata. Velaí vai.

A saída da regata do Sepelo, celebrada en Portonovo o sábado día 2 de Xuño, comezou uns minutos máis tarde da hora oficial- catro e media da tarde. Xa cando os participantes se dirixían ata a boia de saída, situada preto do porto, empezaba a chuviscar e non había moito vento.

Deuse só unha volta, nun triángulo comprendido entre tres boias. A falta de vento e a chuvia desluciron un pouco a regata. Salientar que os que chegaron nos primeiros postos foron xa sempre en cabeza. Participaron vintecatro dornas chegadas dende Arousa, Grove, Bueu, Combarro, Vilanova ...etc e as de Portonovo.

Coma sempre o máis emocionante foi a chegada, xa que a marea e o vento facían que as dornas fosen para atrás, cerca da boia de chegada, e aí si que se deron sorpresas, pois moitos dos que ían en cabeza foron adiantados por outros que viñan dende atrás.

A Clasificación dos seis primeiros foi a seguinte:
1ª Xarandeira de Arousa. Patroneada por Santi Mougán, que nunca perdeu a primeira posición.
2º A Rona do Grove. Patroneada por Dani.
3ª Maristela de Vilanova. Patroneada por Claudio
4ª Bazarra de Arousa . Patroneada por Larry
5ª Lara Doce de Vilanova. Patroneada polo señor José
6ª Habana de Portonovo. Patroneada por Anxo, que foi o organizador da regata.




