Enviado: 18.06.2012 21:41
Agora que no Vao da Canteira empezan a aniñar as dornas e outras especies acuáticas tradicionais, chegou por fin a nosa dorniña máis moura, a que nos representa prendida nas velas de relinga da Escola.
E chegou da artística man de Calixto que pasou a tarde do sábado, e, coa axuda de Juan, parte do domingo, pintando o angrama da ENT na fachada do pañol.
Ollade que ben lle quedou.

Calix, collido infraganti facendo pintadas

Un clásico das obras públicas: o xubilado e o traballador
(en versión actual)

O pintor e a súa obra
E, aínda que nestas imaxes non o vexamos, cónstanos que desta vez non esqueceron os remos. Que, de cando en vez , tamén hai que vogar.



