Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xullo 2012 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

Brest: fumés

Categoría: brest 2012
Enviado: 27.07.2012 14:44

É certo, admitímolo, voltamos todos e todas de Brest sen ter comido un rosco... Que non vos conten contos: nin croatos nin croatas nin rabos de gaita. Alén dun par de bailas, ninguén de nós conseguiu máis nada, nin un ligoteo de parola. Mais non pensedes que foi por antipáticas ou feos, non. Todo ten explicación.

Os nosos colegas de enfrente e da esquerda montaron uns stands chulísimos: os holandeses recrearon o proceso de afumado dos arenques, e preparaban e vendían peixe a quen por alí pasase. Realmente, estaban deliciosos os seus haurengs fumés.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_fumees1.jpg
Caseto para afumar arenques, con arenques a afumarse.

Pola súa banda os irlandeses recrearon unha auténtica e tradicional cociña de casa irlandesa, con lareira e todo. e trouxeron con eles polo menos 2 toneladas de turba para utilizaren auténtico e tradicional conbustíbel fósil da verde Eire.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_fumees2.jpg
Até penico debaixo da mesa puxeron...

Todo moi mono, si. Pero tanto uns como outros dirixiron os seus fumes todos, os de arenque e os de turba a arder, aonde?, aonde? Ao stand de la Galice!

http://acddorna.org/blog/upload/brest_fumees3.jpg
Fixádevos para onde se dirixe o tubo da lareira... para as nosas traseiras.

Unha semana recibindo fumes dun lado e do outro fixeron que ninguén, en toda a festa marítima, fose bretón, sueco, noruega ou indonesia, nos aguantase máis dun dancing seguido, e contra iso, non hai simpatia que loite...

http://acddorna.org/blog/upload/brest_fumees5.jpg
Con fornidos mariñeiros coma este, calquera lles dicía nada...

E para mostra, un botón: esta fermosura holandesa, a base de destripar arenques e afumalos, tamén quedou a dúas velas.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_fumees4.jpg
A vista engana e non deixa traballar ao olfacto.

Como vedes, non todo foi alegría en Brest...

Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Brest: as barbies

Categoría: brest 2012
Enviado: 27.07.2012 14:11

Dentro da programación da viaxe a Brest, Galiza tiña que participar no acto de inauguración do Village dos 20 anos, como xa vos contamos por aí atrás. Así que decidimos levar as nosas bonequiñas barbie para que as persoas que visitasen a exposición puidesen coñecer algún dos traxes tradicionais galegos.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbies1a.jpg
Barbie Croata e Barbie Parador de Turismo lucindo palmito.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbies1.jpg
Por suposto, as barbies veñen co traxerío completo, incluída a muda.

Para que as Barbies non se sentisen soas e aborrecidas nunhas terras tan afastadas da propia, non dubidamos en traerlles o acompañante, para poderen xogar ás casiñas.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbie_ken.jpg
Barbie Parador de Turismo con Ken cidade de Vigo

Como a nosa é casa rica, levamos todos os complementos que unha boneca pode ter; e claro, unha vez que se levan, como non brincar con eles!

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbies2.jpg
Ken e Barbie en plena acción. Acompáñaos á pandeireta a Nancy deportiva.


Non pensedes que a cousa quedou aí. Porque aínda apareceron máis modelos.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbie_muradana1.jpg
Ana e Noelia, Barbies Muradanas.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_barbie_muradana2.jpg
Barbie Muradana explicando aos toristas de onde vén.

Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Á espera do enxeñeiro

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 27.07.2012 11:36

O Rei do Mar anda á espera da revisión do enxeñeiro das medidas de seguridade que lle son necesarias para levar a bordo. Unhas medidas moi estrictas que esperemos non haxa que utilizar.

No anterior post sobre este tema, informabamos da colocación da bomba de auga pegadiña ó motor, que vai posibilitar o baldeo da cuberta ou o achique de auga na sentina do barco así como auxiliar a outra embarcación que estivera anegada.


http://acddorna.org/blog/upload/inxe_bombaauga.jpg
Así quedou a bomba de auga no motor

Houbo que facer dúas entradas para as mangueiras dende a cuberta.

http://acddorna.org/blog/upload/inxe_entrada_mangueira.jpg
Unha para baldeo, outra para achicar

Nos traballos deste pasado martes, preparáronse as dúas mangueiras para podelas probar.

http://acddorna.org/blog/upload/inxe_mangueira_salva.jpg
Salva xirando a rosca que engancha a mangueira coa bomba de auga

O outro traballo requerido polas autoridades da seguridade é a colocación de dous extintores: un para o motor, outro para a bodega.


http://acddorna.org/blog/upload/inxe_extintor_salva_lino.jpg
Eiquí Salva e Lino conectando o extintor, que vai estar na cuberta, co interior do rancho do motor.





http://acddorna.org/blog/upload/inxe_colocandoextintor.jpg
Lino, home polivalente


Cando todo estivo preparado, fíxose unha proba de baldeo.

http://acddorna.org/blog/upload/inxe_probandobaldeo.jpg


O galeón estaba atracado no Cantiño e aproveitouse para colgar aquel panel que temos da cando o proxecto do Rei do Mar.


http://acddorna.org/blog/upload/inxe_panel.jpg


Como había festa gastronómica, a da navalla, organizada por Ximnasia Rítmica de Arousa, había moitos paseantes que se interesaron polo barco e algúns apuntáronse para navegar nel.



http://acddorna.org/blog/upload/inxe_ler.jpg


Como xa lembraredes, os xoves navegan os barcos máis grandes da escola: a Nova Marina, a Peza de Rabo e o Rei do Mar, e de certo estamos a ter moita xente disposta a pasar unha tarde de navegación a bordo deles.

Este xoves acudiron á chamada sobre unhas vintecinco persoas, con distintas procedencias e, algúns deles con motivacións terapéuticas. Eiquí van só as imaxes do embarque na planadora rumbo á Peza e á xeiteira. O grupo que foi no Rei do Mar houbo de desprazarse en coche ó Cantiño, onde estaba atracado.

O patrón do Rei do Mar foi Lino.


http://acddorna.org/blog/upload/planadora_peza.jpg
A tripulación da Peza de Rabo. O patrón foi Salva



http://acddorna.org/blog/upload/planadora_xei.jpg
A da Nova Marina, que patroneou Javi
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Aprazada a regata da Dorna de Prata

Categoría: regatas
Enviado: 27.07.2012 09:34

Según informan no blog de Lajareu, a regata do Carme pospóñese para outro día.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 14:11 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous