Enviado: 31.08.2012 12:59

A predición de vento forte do nordés cumpriuse e a Festa do Deporte, que organiza o concello, desprazouse ata o peirao de Cabodeiro. A navegación en dorna non era posible e substituiuse por una pequena travesía a bordo do Rei do Mar.

Ata Cabodeiro navegou o galeón dende o punto de fondeo do Bao cun grupo de patróns da escola: Salva, Lino, Javi, Juan e Lino ( o noso xuíz de regatas ), que andiveron acomodando ós viaxeiros amais de tripular a embarcación.

Unha vez atracado na punta do peirao, a rapazada que alí agardaba houbo de esperar un tempo a que se solucionara un problema co motor de arranque do barco.

Agardando para embarcar, rapaces e maiores
Pouco despois comezou o embarque dos cativos ( e os seus pais ) na primeira das tres viaxes que fixo o Rei do Mar e que serviu, tanto para os nenos como para os adultos que os acompañaban, para saber e gozar dunha navegación nun galeón.

A marea estaba baixando e había que usa-las escaleiras

En total foron tres as saídas que se fixeron. Unha vez que rematou a actividade, o galeón voltou ó Bao.


Ía un pouco de frío, pero os rapaces disfrutaron igual

Eí vai o Rei do Mar na segunda viaxe

Boa travesía¡





