Categoría: brest 2012
Enviado: 03.08.2012 14:27
A
Festa Marítima de Brest é un evento que acolle milleiros de participantes e máis milleiros de visitantes. Disque o día 14 de xullo, sábado e festa nacional en Franza, foron vendidas máis de cen mil entradas. Disque...
Nos días fortes as afluenza de público foi impresionante.
Organizar máis de mil barcos nos pantaláns non é fácil.E toda esta maquinaria de xente e barcos estaba tan ben engraxada que funcionou perfectamente os días que alá estivemos. E se algún pormenor fallou, a reacción era rápida e efectiva, sen deixar ir os problemas alén do pequeno imprevisto.
Todo estaba pensado e requetepensado: postos de información en todos os cruzamentos e peiráns, váteres e duchas en proporción ás visitas, servizos de salvamento e atención no mar, control de entrada nos pantaláns... era imposible dar máis de dez pasos sen encontrar algunha persoa relacionada coa organziación para solventar calquera dúbida ou inconveniente.
O bretón é facile e divertente.
Sistema de recollida de lixo con separación e reciclaxe.
No mar sempre había unha zodiac perto para axudar (e mandar sair da rota dos navíos militares, hehehe).
Varios postos de primeiros auxilios atendían escordaduras e golpes.
Os baños eran accesibles e mantíñanse limpos.Na enorme carpa-comedor xantábamos todos os días milleiros de persoas en dúas horas. Nunca tivemos que agardar nen comer frío!!
Xoel presto a gozar do menú-gourmet de Brest.Todo o circuito de exposición e actividades aguantou impecable toda a semana... algo que non cadraba nas nosas cabeciñas afeitas a porcalladas post-botellón, post-albariño ou post-festa-calquera.
Entre ir e vir pola cámara desapareceu o papel que ía fotografiar.Todo isto foi posible grazas á excelente organización do evento, que leva anos de experiencia, rectificación de erros e propostas de mellora. Pero tamén temos claro que un dos papeis máis importantes e menos valorados é o do
voluntariado: o labor de todas as persoas vestidas de encarnado que traballaron desinteresadamente para que a maquinaria do reló dese a hora certa.
As persoas voluntarias anotábanse através das asociacións, veciñais, deportivas, culturais, etc., ás que pertencían. Desta maneira a organización do evento doaba a cada entidade 15€ por voluntaria aportada. O voluntariado traballaba en quendas de 5 horas e estaba claramente marcada a súa función.
No mar, as zódiac non andan soas.
Estes non sabemos se eran voluntarios, aínda que algo piratas parecen.
O voluntariado lingüístico ofrecíase para labores de tradución e interpretación.
As rúas estaban limpas porque alguén recollía o lixo.E como sempre, o mellor ao final: a equipa de voluntarias e voluntarios galegos que, mal que vos pese, vos representamos en Brest.
Que sería do nome de Galiza se non é por nós!!