Enviado: 05.08.2012 14:14
Comprobado: non hai recorte que se lle resista á regata do Bao e, malia que os sinais meteorolóxicos eran adversos, con máis chuvia que vento celebrouse a XXIV edición desta senlleira competición.
Foron 30 tripulacións as que se reuniron a pé de praia para, dun empurrón, mete-la súa correspondente dorna no campo de regatas, polo que houbo que coller “carrerilla” dende a mallante, sen esquecer de leva-la vela na man.

Lino, xuíz de regata e axudantes
Ao ritmo de “se chove, deixa chovere é-é …” foise aparellando para despois navegar no triángulo que os organizadores (Salva e Lino, ao pé do cañón) trazaron no mar coas tres embarcacións que fixeron de boias: Unha gameliña fronte ao Terrón, outra no Cabo Deiro e o “Republicano” como boia de terra.

Unha dorna varando
O pouco vento e a moita chuvia dificultaron a navegación e obrigou a que a competición rematara en dúas voltas e non nas tres que estaban previstas.
Un feixe de dornas retiráronse e outras, a vista do tempo, mesmo decidiron non saír.

Dornas, ao remate da regata, dispostas para a varada.
Mais ao final todos e todas, a cuberto da persistente chuvia, uníronse na comedela e entrega de trofeos.
Estes foron realizados para a ocasión por Ramón, Javier Peribáñez, Héctor e Claudio. Como vedes xente e dorneiros de Arousa que de xeito desinteresado colabora para levar a cabo máis outra actividade deportiva-patrimonial.

A comedela e a entrega de trofeos, por mor da chuvia, houbo de facerse
no "camarote dos irmáns Marx"
A clasificación final foi a seguinte:
1ª Fuxe, Ogrove
2ª Xarandeira
3ª Faísca, Ogrove
4ª Nécora
5ª Pelijata
6ª Habana, Portonovo
7ª Betty Boo
8ª Roxiña
9ª Petela
10ª Mimela
11ª Maristela, Vilanova
12ª Xaimiña, Ribeira
13ª MªDolores
14ª Treboada, Ogrove
15ª Forza R
16ª Acheron
17ª Laberca
18ª Mariluz
19ª Rosalía
20ª Fanequeira, Ogrove
Ortelinda
Maraxe, Ogrove
Gesta, Ogrove
Pedra Madruga, Madrid
Chati
Marijuana, Ogrove
Semparada, Ogrove
Bazarra

Cuarta clasificada, "Nécora", con Braulio e Carterola

Terceira clasificada, "Faísca" de Ogrove

Segunda clasificada, "Xarandeira", con Santi e Odilo

Primeira clasificada e gañadora da XXIV edición da Regata do Bao 2012,
"Fuxe", con Parada e Brais
Grazas a todos por asistir, en especial aos Amigos de Ogrove, Portonovo e Ribeira, polo esforzo que supón nun día tan desapracíbel andar coa dorna. Tamén aos de Cambados, Vilanova, e Madrid.
Vémonos na seguinte e que os ventos sexan portantes.
Nesta ligazón podedes ver as fotos que baixo a chuvia fixo Ugio Outeiro.
No Faro de Vigo temos información sobre a regata e interesantes declaracións de Salva, o director da Escola.



