Categoría: actividades
Enviado: 24.09.2012 16:39
Tal e como vos
informamos, durante esta pasada fin de semana, ademais dun bo temporal, desenvolveuse na Arousa o
IV Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico: Patrimonio Lúdico Costeiro e Educación que organizan a
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e
Nova Escola Galega.
Aínda que todas as persoas participantes agardaban con ansiedade a parte na que participaba a
ENT Dorna, tiveron que facer tempo atendendo a outras actividades. O venres, fixeron xogos e obradoiros no
IES Illa de Arousa, resignándose a ver o mar un pouco ao lonxe.
Estaban tan emocionadas coa ra que non vían vir o vento da Curota traendo con el a borrasca.
Facíades carracas na Arousa coas latas da conserva? Por se acaso, aprendemos con Antón Cortizas.O sábado era o día importante. Durante toda a mañá, as particpantes no curso puideron escoitar as charlas e presentacións, entre as que estaba a de Salva, en representación da
ENT Dorna.
O salón de plenos cheo para gozar das palabras do Allo pequeno.Acompañado por Marro, que preparou unha presentación, Salva contou (un pouco para o colo da camisa, hai que admitilo) como naceu a
ENT Dorna e como funcionamos. Deixou unha frase para a posteridade, esta:
...e non temos nada máis que engadir!A charla da mañá era unha introdución á actividade da tarde, que consistía nunha saída en dornas para as participantes no curso coñeceren que é a navegación tradicional.
Explicado desde o pañol os diferentes tipos de embarcacións cos que conta a escola.A Carminha serviu de modelo para a clase teórica: que é unha escarva, que é un risón (a grande pregunta), como se coloca o pau, cal é a agulla e que é o fiel, etc.
Lección número 1: isto é a popa. Ao fondo, un refachiño que quixo sair na fotoComo o temporal viña vindo e o vento xa andaba polos dous rises, non puido ser levada a cabo a idea inicial. Por cuestións de seguridade só puido sair o
Rei do Mar, no que non hai que amurar, nin ostaghar nin facer trasluchadas...
Os mariñeiros no mare arman vela...
Lección 2: esta é a popa dun galeón.
A ver se a próxima vez que veñan, as nosas xogadoras poden probar o que é navegar na dorna...
As fotos sacámolas do facebook da
Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular.