Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Escola de navegación tradicional

ESCOLA DE NAVEGACIÓN E APARELLAMENTO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A tradición de transmitir. Antes a navegación en dorna era algo que se sabía, non que se aprendía. A Dorna era o medio de vida dos mariñeiros, que pasaban máis tempo navegando e atendendo dela que en ningunha outra tarefa da súa vida, por iso non é extraño que os nomes das dornas sexan sempre femininos e facendo referencia a seres moi queridos por eles. Nestes momentos a navegación en Dorna a Vela é algo que se aprende, trocou o seu uso, antes era un medio de vida, navegábase para pescar e agora navégase para viaxar. Asóciate! Cúmprense agora vinte anos dende que na Illa de Arousa comezaron a facerse as primeiras regatas de Dornas a Vela. A inauguración oficial da Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa, primeira Escola de Vela Tradicional de Galicia, tivo lugar o pasado 15 de xuño do 2001 no porto do Cantiño da Illa de Arousa. Un grupo de mozos/as arousáns/ás comezaba a decatarse de que as embarcacións nas que traballaban de cotío, non só podían desprazarse cos remos e os motores; tamén a navegación a vela era posible nas vellas dornas. Os contos dos vellos corroboraban a teoría: calquera dorna podía ser aparellada para a vela: máis aínda, o deseño mesmo da embarcación estaba especialmente adaptado para a navegación. Como nenos que son testemuños dun descobremento, estes rapaces, aprendices aínda de mariñeiros, tiveron conciencia de que as dornas de traballo, cos arranxos necesarios, podían converterse en velaíñas embarcacións de vela. Coa sabedoría dos vellos e o entusiamo dos/as mozos/as arousáns/ás fíxose o miragre. A carpintería dos “Monchiños”, a recollida porta por porta dos vellos panos esquecidos nos faiados e a transmisión de coñecementos de navegación dos vellos, fixeron posible aquela primeira regata de dornas a vela na Illa de Arousa que retomaba a tradición das regatas de toda a Ría: regatas de toda a Ría: regatas de traíñas, dornas a vela e loritos en Cambados, as concentracións de galeóns na Illa da Toxa ou Vilargarcía, ou as competicións de lanchas en Rianxo e botes en Carril. Descubriuse entón todo un mundo case esquecido, e como no conto da Cincenta, as embarcacións de diarios púxeronse de festa naquela tarde para dar a “Iª Volta á Illa de Arousa”, que congregou máis de vinte dornas das Rías Baixas, a maioría de Arousa, pero tamén de O Grove, Ribeira e a Pobra. Foi o primeiro chanzo na conservación das dornas a vela na Ría de Arousa e de todos os saberes que arrodean esta mítica embarcación galega. Hoxe a volta a Arousa (Regata do Bao) é a regata de dornas máis senlleira de todo o calendario anual, e moitos daqueles rapaces que viviron a primeira edición son agora monitores da Asociación Cultural Dorna e os impulsores da creación da Escola de Navegación e Aparellamento de Embarcacións Tradicionais. En canto se plantexou a idea de formalizar a asociación dirixiron a proposta á Asociación Cultural e Deportiva Dorna para ser incluídos dentro desta organización que abrangue tódalas correntes culturais da Illa de Arousa. No seu ánimo estaban seguros/as de conseguilo.
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 26.05.2013 09:31 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous