Dende A Pobra do Caramiñal, e despois de moito tempo sen velo pola Arousa, Lampón coa súa dona Lola achegouse ata a nosa regata disposto a participar como antes o facía. Esta vez acompañado por Chen Hui, que foi quen o animou a competir con nós para alegría dos máis veteran@s que  por alí se atopaban.
@s que levamos menos tempo na escola non sabíamos del, mais patróns e veteranos lémbrano como un gran afeccionado as regatas de Arousa e campeón en moitas delas xunto a súa muller.
Eiquí o vemos con Chen Hui aparellando a dorna pouco antes da saída da regata do Bao nunha foto de Melquíades.
Benvido sexa e esperamos velo na seguinte.
Tamén Hugo nun comentario anterior remítenos a dirección dun video da súa colleita. Eiquí o tedes. Premede nesta outra:
Grazas aos dous e que os disfrutedes tod@s.
Se queredes mandarlle mensaxes a título individual, no blog tedes o seu enderezo.
E tamén eiquí  reciben mensaxes de apoio.
Levándoa á seca
Esta fin de semana, no marco da XVIII Festa da Parrocheira  de Ferrol terá lugar unha exposición en seco dunhas 20 embarcacións tradicionais. A exposición está organizada polo Proxecto Europeo Dorna  do que xa falamos noutras mensaxes.
A "Noelia", "no coliño" para o camión
Alá levamos tres embarcacións da escola e a gamela de Jorge : a dorna de tope  "María" o bote polbeiro de Bueu "O Rebello", a dorna  "Noelia" e a gamela "Lui" da ría de Vigo.
O"Rebello" remolcado por dúas mozas
Por enésima vez este ano, fumos ata Tragove  en Cambados a cargar embarcacións no camión e colaborar así no fomento da tradición mariñeira.
Como moi ben nos di Fernando nun comentario anterior, son moitas as actividades de verán ao redor da navegación tradicional. Na páxina da Federación tendes o calendario de todas elas.
Onte, a algúns, tocounos as máis "pesadas".
Como sempre, precedida pola sorpresa e a improvisación, temos ante nós unha nova convocatoria de Superpachanga no Bao. Será o próximo Sábado, 4 de Setembro, às 16.00 horas (sincronizade relós).
Como este ano Larry anda en dique seco e non consigue xamóns polo mundo fóra, os premios consistirán na satisfacción de quedar primeiros e gañar ao resto. A menos que algunha alma caritativa traia pasteis, sardiñas, queixo, pan, empanada, froita fresca, tarta, churrasco, marmelo, bocadillos de nocilla... vamos, calquera cousiña para merendar entanto comentamos as xogadas...
A costa da Illa de Cumbrae, Escocia.
A costa en Punta Festiñanzo, Sanxenxo.
Deste xeito tan decidido iban as dornas dispostas a pasa-la ponte
Ter que iniciala na Praia do Bao Norte, ou sexa na mesma latitude que o vento, parecíanos a algúns  un obstáculo insalvable. Porén, malia o pechado da bolina, tódalas  embarcacións comezaron a regata dende  a beira da praia sen ter que monta-los remos para aparellar.
O vento do norte  soprou constante e sen apenas rachas e xunto co sol e a estupenda temperatura (non fixo excesivo calor) disfrutouse moito da competición dorneira e, a diferenza do ano pasado, non houbo que “pagar peaxe”  ao pasa-la  ponte con interminables cambios.
E a pasaron
Apenas houbo incidentes agás algún cruce de traxectorias non previsto e sen danos materiais e, tamén, a varada da "Chati", máis ben embestida, que tra-lo impacto emocional que lle provocou (había moito público na praia) non foi quen de pedir disculpas á "Montañesa" de A Coruña que levou un susto casi tan grande como o dela. Dende aquí as transmitimos de parte da súa tripulación. (Están  castigados a practicar o resto da tempada  exercicios de varada. A ver se aprenden)
A Chati acosada por dúas dornas perseguidoras: a "Petela" e a "Roxiña"
Foron 34 dornas as que participaron e a clasificación foi a seguinte:
1ª Pereka
2ªJalerna
3ªCariñosa
4ªXarandeira de  Fasquía
5ªNécora
6ªBazarra
7ªFuxe   de Ogrobe
8ªMimela
9ªCaracola
10ªNoelia
11ªBandalha
12ªBetty Boop
13ªMaristela de Rabandeira
14ªForza R
15ªPelijata
16ªPetela
17ªFavorita
18ªFungona
19ªZenaida
20ªRosalía
21ªMªDolores de  A Calmoseira
22ªNerea de Calmoseira
23ªRoxiña
24ªMontañesa
25ªChati
26ªPenta Morion
27ªNova Ángela
28ªDelfina
Acheron
Lura
Carmiña
Estela
Marilús
Mora
(As non indicadas son da ENT Dorna)
Nos agasallos a tódalas tripulacións este ano deuselle un respiro aos armarios e caixóns de roupa e, rompendo coa tradición da camiseta, obsequiousenos cunha práctica bolsa hermética para non estraga-los  móbiles en caso de emborcar. (Foi unha pena que non llas deran a algúns media horiña antes)
No reparto de trofeos destacar un, especial,  que levou a nosa Bárbara como a máis nova promesa da ENT Dorna. Fixo unha regata exemplar xunto ao seu  patrón David. Noraboa rapaza!
Ao final comimos e fixemos festa ata ben entrada a noite.
Hai un video de Luis da Fonte sobre a regata. En canto o teña listo colgámolo no blog. Atentos á páxina.
En Combarro houbo de todo:
Un Curso de Iniciación ao Toque de Bughina (CITB), no que o pequeno dos Parada do Grove deu unha lección maxistral de solfeo marino.
Braulio aprendendo de Miguel en presenza da delegación portuguesa.
Un Curso de Iniciación à Alimentación en Masa (CIAM), no que fixemos de cobaias todas as tripulacións, gozando de polo con arroz, polo con patacas, polo con... polo visto todo moi saboroso.
Que raro! Gaitas amenizando o xantar!
O xurado da cata comentado os matices aromáticos do guiso.
Un Curso de Iniciación às Regatas de Remo (CIRR), ou Regata da Pamplina, grupo A. A este curso, a ENT Dorna enviou dúas tripulacións: a exitosa tripulación da Laranha, formada por Marro, Patri, Manuela, Helena e Andreia, que acadou o primeiro posto da categoría feminina; e por outra banda a tripulación masculina da Mora, Uxío e Juan Servando, que non sei que escusas deu con non sei que caverna para deixar que lle superasen as embarcacións de Portonovo.
As únicas mulleres da regata a remos, por suposto da ENT Dorna.
Os homazos da ENT Dorna chegando tarde.
Un Curso de Iniciación às Regatas a Vela no Medio da Néboa (CIRVMN) ou Regata da Pamplina, grupo B. Neste curso, coa xenerosidade que a caracteriza, a ENT Dorna cedeu os seus mellores efectivos, Santi, Malena e Alberto, à Lavanqueira de Fasquía. Só desta maneira puido facerse co título de campioa, por diante do galeón Luisa e das embarcacións da ENT Dorna, a Peça de Rabo e a Nova Marina, que non deron encontrado as boias no medio da mesta néboa (outra vez!).
A néboa entrou na ría xusto cando as embarcacións encaraban a primeira boia.
Un Curso de Iniciación ao Paseo por Paseo (CIPP) organizado o Domingo, no que às embarcacións grandes se lle xuntaron a Laranha e a Mora, que chegaron de Poio de dar un Curso (outro) de Iniciación à Navegación Tradicional.
Andreia traicionounos e preferiu navegar na Bicoca de Portonovo.
A xeiteria preseguindo as embarcacións pequenas.
As embarcacións pequenas perseguindo a xeiteira.
Malena sacando fotos desde a Irmandinha (podedes velas no picasa).
Non fixemos caso dos agoiros. Saimos hora e media tarde porque a a Arousa amenceu pechadiña de néboa (atención: a néboa non desaparece, trasládase). Eramos moitos repartidos en catro veliñas grandes: a Peça de Rabo, a Irmandinha, a Nova Marina e a Lavanqueira da Fasquía, que saía a un tempo con nós.
Embarcando na planeadora, cargadísima de paquetes.
Uxío fixo a primeira advertencia: "Somos moita xente; se hoxe hai unha desgraza, saimos na prensa seguro". E poderá calar algún día este home...
Na Xeiteira, outro pormenor fatídico: a Santi deulle por valdear a cuberta, moi limpiño el, con todos os víveres na tilla.
O pan a secar na proa xa antes de cruzar a ponte.
A primeira grande decisión foi aforrar camiño pasando por baixo da ponte, en vez de rodear a Arousa pola banda da ría. Ah, mais os barcos grandes, andan xustos na pasante, e dependen das mareas para non tocar.
Seguinte agoiro: estrenamos a pintura nova da ponte. Na Nova Marina pasamos despois de tocar co pau e facer banda, moita banda. A Irmandinha fixo varias tentativas, animada polos obreiros nos andaimes.
A Peça de Rabo coa ponte pasada; a Irmandinha intentándoo.
Pasado o primeiro perigo, xa nos adicamos a verdadeira vida abordo: comer e cantar.
Bodegón tradicional: xeiteira, empanada e chourizos.
Afinando as gorxas e a gaita.
Despois de remolcarnos un cacho a Irmandinha para aforrar tempo e escaparlle á encalmada, navegamos a vela. Na Golfeira tiramos nun bordo de bolina cara a Ribeira, para intentar pasar o Pombeiro nun seguinte lance.
Houbo dúas estratexias de patronaxe: a Lavanqueira e a nosa xeiteira atacaron o Pombeiro polo Carreiro; a Irmandinha e a Peça de Rabo, por fóra do faro. No Carreiro pillounos unha encalmada. A aposta saiu mal. Agoiro.
Pasando o pombeiro coa axuda dos remos.
Tanto agoiro tiña un sentido. Onde estaba aquela névoa da mañá, mesta e luminosa?. Pois xusto ao pasar Pedras Negras. Envolveunos como nas películas e deixamos de ver mundo ningún à nosa volta.
Vedes as velas doutros barcos na proa? Nós tampouco.
Mais, ante as desgrazas, nada hai como un bó patrón. Parada, guiado por un dos últimos cons que evitamos antes da Lanzada, calculou rumos, vixiou o sol e as marexadas, atendeu a ruidos e ventiños e levounos directos ao destino: a boia de Punta Faxilda. Só que até divisala non sabiamos se estabamos diante da Lanzada ou na Praia de Melide, en Ons.
Na banda da xeiteira dedúcese a boia salvadora.
Cando voltamos divisar terra, indíxenas espidos nos recibiron como a Colombo.
Deducimos que aquilo era Bascuas. Íamos ben.
As embarcacións que levaban motor (Niquita e Susuqui) eran a Irmandinha e a Lavanqueira, pero como as perdemos na néboa non quedou outra que bogar. Santi tocaba a gaita a modo de buguina, para dar sinal sonoro da nosa situación. O mundo estaba xordo,
Por fin, a un tempo que unha lancha de Protección Civil con voluntarios que non daban creto ao que vían, a Lavanqueira deunos remolque.
Os salvadores e a ameazante néboa.
A néboa perseguíanos, mais agora iamos a motor.
Cando por fin a néboa disipou estabamos dentro da ría, xusto enfrente de Sanxenxo (non podía ser outro sitio máis interesante?). Seguimos remolcados até Tambo, onde o ventiño xa era máis xeitoso, para poder entrar en Combarro, triunfal e felizmente, a vela.
Celebrando con música a pasada por Tambo.
E veña música!
Chegamos a porto e, que pasou no pantalán?
Máis música!
Resultado final: nove horas, nove!, de travesía, víveres para tres semanas, gaita e pandeireta desentonadas pola humidade e cámara de fotos desta blogueira estragada. Mais, que ben o pasamos...
Seca no porto de Millport.
Desta vez, e por medo á calma podre das mañás, voltamos a Largs de remolque, en vez de ir veleando.
Preparando as embarcacións, de grande a pequena.
Nunha banda as galegas, noutra as bascas.
Chegados ao porto deportivo de Largs, tocou a operación do primeiro día pero ao revés: veña a cargar os barcos no tráiler para que voltaran à casa.
Desta vez, a traíña basca foi a primeira en encamionar.
A Nova Maruxa seguindo o ronsel da buceta.
A gamela Lui decidindo en que embarcación repousar.
Ao final, a carga levounos menos tempo do contado e fomos paseando até o ponto de encontro co grupo basco. A camiñada era por un paseo que une o porto deportivo coa vila de Largs, sempre a rente do mar e sempre entre xardíns e flores.
Campo de golf a pé de praia. Ao fondo, a illa de Cumbrae.
Como xa estamos afeitos, outro día xantamos bocatas, e outro día fixemos maghas para ganarlle a partida às leis escocesas.
Bea bebendo unha rica bolsa de patacas à cervexa.
Xa en Glasgow, instalados no hotel, puidemos adicar un cacho da tarde a facer turismo e coñecer a cidade (a buscar onde cear a fartar, en realidade).
Paponeando diante da estación do tren.
A maioría das embarcacións participantes no evento tiraban máis de remos que de vento, así que no Domingo á tarde, adicáronse a competir en tiradas ao longo do paseo de Millport, cheo de xente espectadora e expectante.
Larry competindo na gamela Lui contra os escoceses no seu birlinn.
A buceta Mar de Muros dando alcance ao veleiro galés.
As embarcación a remo tiñan a praia como ponto de varada. Detrás, as carpas das exposicións.
Ademais de andar nós no mar, na tarde do Domingo houbo tamén unha regata de embarcacións made in feitas na casa, polo que o paseo estaba rebordante de persoas a ollar cara o mar.
No se aprecia ben, pero na caverna da Javiota, flota un cacharro.
A Javiota puido presumir das súas habilidades navegadoras e adicou a tarde a facerlle pasadas a canto barco navegaba polo porto.
Bea lucindo patronaxe para adiantar á Nova Maruxa por andar a súa tripulación aos contos.
Facéndolle sombra á Mar de Muros (é certo que levaba moito peso pesado)
No fin da tarde amarramos, desta vez pegadiños ao birlinn de Galgael, para non voltar quedar en seco.
Como coñecemos xa moi ben as terras escocesas e, por suposto, os seus mares, o patrón maior da actividade non tivo problema en amarrar as embarcacións ben á man, por iso de non ter que falar co da zodiac para ir aos fondeos...
E claro, as mareas son tan vivas en Escocia como no Bao...
Deixamos os barcos en seco para que a xente puidera verlles a obra viva.
Aínda que pareza unha desavantaxe, isto permitiunos vivir o ambiente que se respiraba en terra. Ademais, desta maneira non nos perdíamos (por fin!) o xantar por andar no mar, ou aparellando embarcacións.
No mini-stand da Federación.
AS carpas estaban instaladas no centro da vila, e desde elas podíamos gozar da vida que o bo tempo e o sol daban ás rúas.
Bici colectiva (levaba 8 persoas!) circulando pola man que non é.
E por fin puidemos escoitar un grupo tradicional escocés, onde se oía menos a gaita que as atronantes percusións.
Os famosos membros da Traditional Navigation School of Dorning.
Nas carpas había moito ambiente.
Participamos no campionato mundial de soca-tira, que gañaron os bascos despois de derrotarnos nunha longa e disputada... semifinal. Non hai fotos porque a blogueira tamén turraba da corda.
Estabamos moi contentos porque desta vez non nos perdíamos a comida. Ai, grandes esperanzas... pois o domingo non había. Tocaron bocatas no parque.
Xa está, xa chegou...! Antes de que empecen a caer as primeiras follas, nasce o nº 12 da revista Dorna. A de papel estará xa nas túas mans a partir de mañán mércores, pero si eres de lonxe, si queres disfrutar das cores nas que está feita a orixinal, non tes máis que premer na pestaña do menú do noso blog.
Unha das pestanas que temos a proa da páxina enlaza co que está a ser o best seller desta tempada na Escola: o "Manual de Podréns" , escrito por Javi Blanco cando el mesmo iniciábase  nisto de ser...  un perfecto podrén.
O barco escocés amarrado no peirán de madeira.
Unhas veliñas que fan xogo coa tradicional que levou a Javiota.
Currachs escoceses e irlandeses, e traíña basca varados na praia.
Veleiro galés cruzándose coa Nova Maruxa.